Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.452

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa D.S. Salgado, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa D.S. Salgado, S.L., con nº de código 3600512, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-5-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 17-4-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autó

noma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 10 de maio de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio da empresa D.S. Salgado, S. L.

Artigo 1º.-Ámbito.

Este convenio afecta en todo o seu contido á empresa D.S. Salgado, S.L., que ten o seu domicilio en Vilagarcía de Arousa e a todo o seu persoal que estea prestando os seus servicios nela, así como os que se incorporen despois. O seu posto de traballo poderá variar segundo as circunstancias e necesidades da empresa, sen que varíen por iso as condicións estipuladas.

Artigo 2º.-Vixencia.

As cláusulas deste convenio terán unha duración dun ano, e entrarán en vigor o día da súa sinatura, con independencia da data da súa publicación no BOP, prorrogándose tacitamente en períodos anuais, se non é denunciado por calquera das partes, de acordo coas normas vixentes.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse a título individual as condicións de traballo superiores ás establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto e cómputo anual. Tal garantía será exclusivamente con carácter persoal, sen que se poida entender vinculada ó posto de traballo, categorías profesionais e outras circunstancias, polo que o persoal de novo ingreso non poderá alegar a prol del condicións máis beneficiosas das que gozasen os traballadores que anteriormente ocupasen os postos a que sexan destinados ou promovidos.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de corenta horas semanais, segundo establece o Estatuto dos traballadores, repartidas na forma máis idónea para a empresa e os traballadores, entendendo sempre o interese deles e a productividade da empresa.

Artigo 5º.-Vacacións.

Tódolos traballadores terán unhas vacacións retribuídas en conformidade ás seguintes condicións:

a) Terán unha duración de 30 días naturais.

b) As vacacións colleranse cando conveña, segundo as condicións da empresa, aínda que esta exporá con tempo ós seus traballadores como as han de coller no ano próximo, segundo o criterio e necesidades da empresa e dos traballadores, sen poderen ser nunca nos meses de verán.

c) Cando o traballador cese no curso do ano, terá dereito á parte proporcional de vacacións a razón do tempo traballado.

Artigo 6º.-Licencias e permisos.

O persoal da empresa terá dereito a licencia con soldo en calquera dos casos seguintes:

a) Por matrimonio do traballador.

b) Por morte ou enterro do cónxuxe, ascendentes e descendentes.

c) Enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou parto da esposa.

d) A duración destas licencias será de quince días para o matrimonio e ata de tres días nos demais casos. En casos excepcionais, poderánselles conceder licencias máis prolongadas, se estas se solicitan debidamente á dirección con causas moi xustificadas.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

O persoal da empresa percibirá dúas pagas extraordinarias, consistentes nunha mensualidade do soldo base e antigüidade, nos meses de xullo e decembro.

Artigo 8º.-Paga de beneficios.

O persoal da empresa percibirá durante o mes de marzo, en concepto de paga de beneficios do ano anterior, o importe dunha paga mensual completa correspondente ó dito ano.

Artigo 9º.-Servicio militar.

O persoal comprendido neste convenio ten dereito a que se lle respecte o seu posto de traballo durante o tempo que dure o servicio militar. Así mesmo, o persoal que leve dous anos prestando servicios na empresa, ó tempo da incorporación ó servicio militar, ten dereito a percibir como se estivese presente no traballo o importe das gratificacións extraordinarias fixas de xullo e decembro.

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

A empresa está obrigada a facilitarlles ós seus empregados a roupa de traballo necesaria para cada función. Unha peza cada ano. O seu uso e conservación serán obrigacións para o persoal.

Artigo 11º.-Retribucións.

O salario, durante a vixencia deste convenio será o que figura na táboa que se reflicte na folla anexa, máis os aumentos por antigüidade que procedan, segundo a táboa anexa.

Artigo 12º.-Antigüidade.

O persoal comprendido neste convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio, consis

tentes en cuadrienios na cantidade do 5% do salario base, correspondente á categoría en que o productor está clasificado.

Artigo 13º.-Axuda por defunción.

En caso de falecemento dun traballador, cun ano de servicio na emrpesa, esta está obrigada a satisfacerlles ós seus habentes dereito unha axuda de dúas mensualidades.

Artigo 14º.-Comisión paritaria.

Para levar a bo termo estas negociacións, constitúese unha comisión paritaria integrada por Ramón Somoza Rodríguez e Guillermo Guillán Iglesias, delegado sindical de persoal, en representación dos traballadores e Antonio Pérez del Oro e Alberto Pérez Fontán en representación da empresa.

Artigo 15º.-Partes asinantes.

Este convenio foi asinado por unha representación dos traballadores en tódalas súas follas e por Antonio Pérez del Oro en representación da empresa.

Vilagarcía de Arousa. Marzo de 2001.

Ramón Somoza Rodríguez

Chofer repartidor, secretario

DNI: 35.409.940

Guillermo Guillán Iglesias

Delegado sindical da empresa

DNI: 35.443.713-T

Mª Josefa Ramos Bugallo

Axudante

DNI: 35.439.060

Antonio Pérez del Oro

Pola empresa

DNI: 35.328.501

Manuel Rivas Núñez

Mozo

DNI: 35.399.606

ANEXO

Táboa de salarios

CategoríasAnterior

convenio

Actual

convenio

Cuadrienio

Director xerente132.426137.7236.886

Persoal administración
Xefe administrativo108.655113.0005.650
Aux. admón. ou operador de máqui. contab.87.94591.4654.573
Axudante admón ou operador de máqui. contab.87.15090.6364.532
Auxiliar de caixa87.15090.6364.532
Aspirante de 16 a 18 anos72.87075.785

Persoal mercantil
Xefe de compras107.295111.5905.580
Xefe de vendas107.295111.5905.580
Xefe de almacén107.295111.5905.580
Dependente maior95.75099.5804.980
Dependente89.07292.6354.632
Axudante86.69390.1614.508
Aprendiz 1ª72.87075.785
Aprendiz 2ª72.87075.785
Preparador de pedidos89.07292.6354.632
Viaxante85.45088.8704.444

CategoríasAnterior

convenio

Actual

convenio

Cuadrienio

Persoal de servicios
Chofer repartidor89.07292.6354.632
Mozo especializado87.94591.4654.573
Mozo87.15090.6364.532
Prof. ofi. 3ª87.15090.6364.532