Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.446

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de xuño de 2001 pola que se modifica a do 14 de marzo de 1999, pola que se declaran de reserva exclusiva determinadas cuadrículas do polígono de viveiros Noia-A.

Por Orde do 31 de outubro de 1989 (Diario Oficial de Galicia nº 236), aprobouse a reordenación do polígono de bateas denominado A do distrito marítimo de Noia.

Vista a evolución das mareas vermellas nos últimos anos e tendo en conta tanto a demanda do sector coma os resultados das experiencias realizadas na zona inicialmente declarada de reserva, faise necesario modifica-las cuadrículas declaradas en reserva exclusiva,

Visto o informe emitido polo Centro de Control de Calidade do Medio Mariño

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Modifícase o artigo 1º da Orde do 14 de marzo de 1999 (DOG nº 104), pola que se declaran de reserva exclusiva determinadas cua

drículas do polígono de bateas flotantes Noia-A, que terá a seguinte redacción:

Decláranse de reserva exclusiva as cuadrículas números 4, 5, 6, 7 e 8 do polígono A do distrito marítimo de Noia.

Artigo segundo.-As concesións e autorizacións afectadas por esta orde deberán efectua-los pertinentes cambios de localización, logo de obtención da autorización desta consellería.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2001.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura