Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.437

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de xuño de 2001 pola que se autoriza a oferta de ciclos formativos para persoas adultas en determinados centros públicos docentes dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2001/2002.

A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, recoñécenlle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias en materia de planificación, a regulación e administración do ensino regrado en tódolos niveis e graos, modalidades e especialidades, de acordo cos preceptos emanados da Constitución e das leis que lle sexan de aplicación.

No marco destas competencias, a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, no seu artigo 53 prevé que as administracións educativas promovan medidas tendentes a lles ofertar a tódolos cidadáns a oportunidade de acceder ós niveis ou graos das ensinanzas non obrigatorias nos centros ordinarios.

O Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros, establece no artigo 5 que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adecuará as ensinanzas de formación profesional ás peculiaridades e características das persoas adultas.

Nesta liña e de acordo coa Orde do 31 de maio de 1999 (DOG do 1 de xullo), pola que se regula o desenvolvemento dos ciclos formativos de forma

ción profesional específica en réxime ordinario e para persoas adultas, é necesario autoriza-los centros nos que se van impartir estas ensinanzas na Comunidade Autónoma de Galicia; por todo isto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la oferta de ciclos formativos polo réxime para as persoas adultas, por ciclo completo, nos centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia relacionados no anexo I, para o curso 2001-2002.

Segundo.-Autoriza-la oferta de ciclos formativos polo réxime para as persoas adultas, por módulos, nos centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia relacionados no anexo II, para o curso 2001-2002.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízanse as direccións xerais de Ordenación Educativa e Formación Profesional, de Centros e Inspección Educativa e de Persoal para dictar cantas disposicións sexan necesarias, para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

A Coruña

Concello: Coruña, A.

Código: 15005397 IES Fernando Wirtz Suárez.

-DS04001 Ciclo superior. Administración e finanzas.

-DS14001 Ciclo superior. Desenvolvemento de aplicacións informáticas.

-DS14002 Ciclo superior. Administración de sistemas informáticos.

Código: 15005269 IES Urbano Lugrís.

-DM09001 Ciclo medio. Equipos electrónicos de consumo.

Código: 15022607 IES Ánxel Casal-Montealto.

-DM19001 Ciclo medio. Coidados auxiliares de enfermería.

-DM19002 Ciclo medio. Farmacia.

-DS19005 Ciclo superior. Hixiene bucodental.

-DS20004 Ciclo superior. Interpretación da lingua de signos.

Concello: Culleredo.

Código: 15005749 IES Cruceiro Baleares.

-DM17001 Ciclo medio. Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e producción de calor.

Concello: Ferrol.

Código: 15006754 IES Marqués de Suanzes.

-DM09001 Ciclo medio. Equipos electrónicos de consumo.

-DM09002 Ciclo medio. Equipos e instalacións electrotécnicas.

-DM10001 Ciclo medio. Soldadura e caldeirería.

-DM10003 Ciclo medio. Mecanizado.

Código: 15006778 IES Rodolfo Ucha Piñeiro.

-DS14001 Ciclo superior. Desenvolvemento de aplicacións informáticas.

-DS14002 Ciclo superior. Administración de sistemas informáticos.

Concello: Pontes de García Rodríguez, As.

Código: 15021767 IES As Pontes.

-DS04001 Ciclo superior. Administración e finanzas.

Concello: Santiago de Compostela.

Código: 15027058 IES As Fontiñas.

-DS04001 Ciclo superior. Administración e finanzas.

Código: 15023466 IES Lamas de Abade.

-DM19001 Ciclo medio. Coidados auxiliares de enfermería.

-DM19002 Ciclo medio. Farmacia.

Código: 15021482 IES San Clemente.

-DS14001 Ciclo superior. Desenvolvemento de aplicacións informáticas.

-DS14002 Ciclo superior. Administración de sistemas informáticos.

Lugo

Concello: Burela.

Código: 27013958 IES Monte Castelo.

-DM19001 Ciclo medio. Coidados auxiliares de enfermería.

Código: Foz.

Código: 27020562 IES de Foz.

-DM06001 Ciclo medio. Comercio.

Concello: Lugo.

Código: 27015773 IES A Piringalla.

-DM04001 Ciclo medio. Xestión administrativa.

-DS04001 Ciclo superior. Administración e finanzas.

-DS14001 Ciclo superior. Desenvolvemento de aplicacións informáticas.

-DS14002 Ciclo superior. Administración de sistemas informáticos.

Código: 27006528 IES As Mercedes.

-DM06001 Ciclo medio. Comercio.

Código: 27006516 IES nº 1.

-DM19001 Ciclo medio. Coidados auxiliares de enfermería.

-DS19003 Ciclo superior. Dietética.

Ourense

Concello: Ourense.

Código: 32008902 IES A Carballeira.

-DS14001 Ciclo superior. Desenvolvemento de aplicacións informáticas.

Pontevedra

Concello: Cangas.

Código: 36019475 IES de Rodeira.

-DS14002 Ciclo superior. Administración de sistemas informáticos.

Concello: Illa de Arousa, A.

Código: 36020209 Instituto Galego de Formación en Acuicultura.

-DM03001 Ciclo medio. Mergullo a media profundidade.

Concello: Marín.

Código: 36015159 IES Chan do Monte.

-DS14002 Ciclo superior. Admistración de sistemas informáticos.

Concello: Pontevedra.

Código: 36014489 IES A Xunqueira.

-DS09004 Ciclo superior. Sistemas de telecomunicación e informáticos.

Código: 36006730 IES Frei Martín Sarmiento.

-DM19001 Ciclo medio. Coidados auxiliares de enfermería.

Código: 36018677 IES Luís Seoane.

-DM04001 Ciclo medio. Xestión administrativa.

-DS04001 Ciclo superior. Administración e finanzas.

Concello: Redondela.

Código: 36019566 IES de Chapela.

-DS19003 Ciclo superior. Dietética.

Concello: Vigo.

Código: 36013448 IES Manuel Antonio.

-DS18003 Ciclo superior. Análise e control.

-DS19007 Ciclo superior. Laboratorio de diagnóstico clínico.

Código: 36011634 IES nº 1.

-DS08001 Ciclo superior. Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción.

-DS08002 Ciclo superior. Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas.

-DM09002 Ciclo medio. Equipos e instalacións electrotécnicas.

-DS09003 Ciclo superior. Sistemas de regulación e control automáticos.

-DM10003 Ciclo medio. Mecanizado.

-DS10004 Ciclo superior. Producción por mecanizado.

Código: 36017430 IES Ricardo Mella.

-DM04001 Ciclo medio. Xestión administrativa.

-DS04001 Ciclo superior. Administración e finanzas.

-DM09001 Ciclo medio. Equipos electrónicos de consumo.

-DS09004 Ciclo superior. Sistemas de telecomunicación e informáticos.

-DM19001 Ciclo medio. Coidados auxiliares de enfermería.

Código: 36018173 IES de Teis.

-DM12002 Ciclo medio. Estética persoal e decorativa.

-DM12003 Ciclo medio. Perruquería.

-DS14001 Ciclo superior. Desenvolvemento de aplicacións informáticas.

-DS14002 Ciclo superior. Administración de sistemas informáticos.

ANEXO II

A Coruña

Concello: Coruña, A.

Código:15027800 IES Imaxe e Son.

-ZS07001 Módulo de realización en multimedia do ciclo superior. Realización de audiovisuais e espectáculos.

-ZS07003 Módulo de iluminación de espacios escénicos do ciclo superior. Imaxe.

Pontevedra

Concello: Illa de Arousa, A.

Código: 36020209 Instituto Galego de Formación en Acuicultura.

-ZM03002 Módulos: instalacións e equipos de cultivo; técnicas de cultivo de moluscos; técnicas de cultivo de peixes; administración, xestión e comer

cialización na pequena empresa do ciclo medio. Operacións de cultivo acuícola.

Concello: Vigo.

Código: 36013448 IES Manuel Antonio.

-ZS19001 Módulos: citoloxía de mostras non xinecolóxicas obtidas por punción; citoloxía de segregacións e líquidos; citoloxía xinecolóxica; fotografía macro e microscópica; necropsias do ciclo superior. Anatomía patolóxica e citoloxía.

Código: 36017430 IES Ricardo Mella.

-ZS19006 Módulo: fundamentos e técnicas de exploración radiolóxica mediante equipos de dixitalización de imaxes do ciclo superior. Imaxe para o diagnóstico.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Código: 36019669 IES Armando Cotarelo.

-ZS14002 Módulo: sistemas informáticos monousuario e multiusuario; redes de área local; relación no contorno de traballo do ciclo superior. Administración de sistemas informáticos.