Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.406

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de xuño de 2001 pola que se aproban os temarios que rexerán nos programas das probas selectivas para o acceso a determinadas categorías do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

No artigo 8 do III convenio colectivo único para o acceso a determinadas categorías do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia establécese que o acceso ás distintas categorías de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia se realizará, logo da convocatoria pública realizada para o efecto, mediante concurso-oposición. Así mesmo, para supera-lo proceso selectivo correspondente será necesario supera-la fase de oposición.

De conformidade co antedito precepto, esta consellería resolve aproba-los temarios que rexerán nas probas selectivas para o acceso como persoal laboral fixo das distintas categorías profesionais das vindeiras convocatorias consecuencia da oferta de emprego público de persoal laboral da Xunta de Galicia para o ano 2001. Os ditos temarios, parte xeral para cada un dos cinco grupos laborais e parte específica para cada unha das categorías profesionais, figuran como anexo á presente orde.

Contra esta orde que pon fin á vía administrativa pódese interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no DOG ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Grupo I

Parte xeral común a tódalas categorías

Tema 1. O concepto de constitución. A constitución como norma xurídica. A Constitución española de 1978. Principios informadores. Estructura. A reforma constitucional.

Tema 2. Os dereitos fundamentais: evolución histórica e conceptual. Os dereitos fundamentais da Constitución española. Garantías e tutela. A participación social na actividade do Estado.

Tema 3. A Coroa e as súas funcións constitucionais.

Tema 4. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. Aspectos básicos do proceso de elaboración e aprobación das leis. O Tribunal de Contas. O Defensor do Pobo.

Tema 5. O Tribunal Constitucional: natureza, composición e competencias. O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial: organización e competencias. O Tribunal Supremo. Os Tribunais Superiores de Xustiza. O Ministerio Fiscal.

Tema 6. O Goberno do Estado. A súa composición e funcións. O presidente do Goberno. Os ministros. Relación entre o Goberno e as Cortes.

Tema 7. A Administración do Estado. Órganos centrais. Órganos periféricos. Os organismos autónomos e as sociedades estatais. Órganos consultivos da Administración do Estado. O Consello de Estado e outros órganos consultivos.

Tema 8. A distribución territorial do poder do Estado. O Estado das autonomías na Constitución. Procesos de constitución das comunidades autónomas. Estructura, aprobación e reforma dos estatutos de autonomía.

Tema 9. A Administración pública e o dereito. Fontes do dereito administrativo e a súa xerarquía. O valor do costume e dos principios xerais.

Tema 10. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos-lei e decretos lexislativos.

Tema 11. O regulamento: concepto. Clasificación dos regulamentos. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Regulamentos ilegais: a súa impugnación.

Tema 12. A relación xurídico-administrativa. Os administrados. Situacións xurídicas dos administrados. Potestades regradas e potestades discrecionais.

Tema 13. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto: suxeito, obxecto, causa, fin e forma. Eficacia e executividade do acto administrativo. Nulidade, anulabilidade e derrogación dos actos. Revogación e revisión de oficio.

Tema 14. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación e principios informadores. Fases do procedemento: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Especial referencia ó silencio administrativo.

Tema 15. Os recursos administrativos. Concepto e clases, requisitos xerais. Materia recorrible, lexitimación e órgano competente. Recurso de alzada e de revisión.

Tema 16. A xurisdicción contencioso-administrativa. Concepto e natureza. O recurso contencioso-administrativo. Partes e actos impugnables. Procedemento. Recursos contra sentencias. Execución de sentencias.

Tema 17. Contratos administrativos: natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causas e forma. Formas de contratación. Contido e efectos dos contratos. Resolución, rescisión e renuncia.

Tema 18. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. O Goberno da Comunidade Autónoma.

Tema 19. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 20. A Administración pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta. Composición e funcións. Organización e estructura das consellerías. A Administración periférica da Comunidade Autónoma.

Tema 21. As administracións locais. O municipio. A provincia. Outras entidades locais. Especial referencia á comarca e á parroquia.

Tema 22. O funcionamento das entidades locais. Potestade regulamentaria das corporacións locais. Réxime xurídico e impugnación de acordos.

Tema 23. O persoal ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Criterios diferenciadores.

Tema 24. A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. A carreira administrativa. Situacións administrativas dos funcionarios. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

Tema 25. Persoal laboral. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Tema 26. Provisión de vacantes, selección e contratación do persoal laboral da Xunta de Galicia. Licencias, excedencias, beneficios sociais. Incompatibilidades.

Tema 27. O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Capacidade para contratar. Forma. Documentación e proba. O sistema de colocación. As relacións laborais excluídas.

Tema 28. Modalidades do contrato de traballo. Traballo en común e en grupo. O traballo directivo. Contratos formativos: contrato de aprendizaxe e contrato de traballo en prácticas. Contrato de traballo a tempo parcial e de relevo. A contratación temporal estructural.

Tema 29. O salario. Modalidades de salario. A estructura salarial. A protección do salario.

Tema 30. O dereito de representación colectiva do persoal ó servicio das administracións. O dereito de reunión, sindicación e folga. A representatividade sindical: órganos de representación.

Tema 31. As Comunidades Europeas. As liberdades básicas do sistema comunitario. As institucións comunitarias e o seu funcionamento.

Tema 32. A Acta Única Europea. O Tratado da Unión Europea. O ordenamento xurídico europeo. As fontes do dereito comunitario. A integración do dereito comunitario en España.

Tema 33. O orzamento. Concepto e clases. O orzamento do Estado. A súa estructura. O ciclo orzamentario.

Tema 34. A contabilidade pública: concepto. Contabilidade preventiva, executiva e crítica. Ingresos orzamentarios, créditos orzamentarios e remanentes de crédito. Devolución de ingresos. Contraído, formalización, intervención.

Tema 35. As contas da contabilidade pública. A planificación contable. Plan xeral de contabilidade pública. Ámbito e contido do plan. Obxectivos. Criterios de valoración. O euro: a súa reconversión e regras de redondeo.

Parte específica

Grupo: I, categoría: 2. Titulado/a superior médico/a//médico/a xeriatra//médico/a CEI//médico/a adxunto/a//médico/a.

Tema 1. Enfermidade pulmonar obstructiva crónica: evolución e tratamento.

Tema 2. Pneumonía: etioloxía. Aspectos clínicos, exames complementarios e tratamento.

Tema 3. Tuberculose pulmonar: etioloxía. Formas clínicas e evolutivas. Medios diagnósticos. Tratamento.

Tema 4. Empiemas pleurais: etiopatoxenia. Clasificación. Fisiopatoloxía. Clínica e diagnóstico. Tratamento.

Tema 5. Insuficiencia cardíaca: fisiopatoloxía. Valoración clínica. Tratamento.

Tema 6. Cardiopatía isquémica: bases para a prevención. Valoración clínica da anxina de peito. Infarto de miocardio.

Tema 7. Hipertensión arterial: epidemioloxía. Fisiopatoloxía. Avaliación do paciente hipertenso. Tratamento da hipertensión arterial esencial.

Tema 8. Insuficiencia arterial crónica dos membros inferiores.

Tema 9. Tratamento da enfermidade tromboembólica.

Tema 10. Anemias carenciais: clasificación. Cadro clínico. Laboratorio. Tratamento.

Tema 11. Avaliación do paciente con disfaxia.

Tema 12. Úlcera péptica: diagnóstico e tratamento.

Tema 13. Mecanismos fisiopatolóxicos e características clínicas da diarrea. Diarrea aguda. Diarrea crónica.

Tema 14. Ictericia: etioloxía e aproximación diagnóstica.

Tema 15. Hepatite vírica.

Tema 16. Salmonelose: diagnóstico e tratamento.

Tema 17. Valoración clínica do paciente con dor abdominal aguda.

Tema 18. Insuficiencia renal crónica.

Tema 19. Infección urinaria: clínica, diagnóstico e tratamento.

Tema 20. Litiase renal: valoración e tratamento.

Tema 21. Incontinencia urinaria no ancián: fisiopatoloxía e tratamento.

Tema 22. Cefalalxias: diagnóstico e tratamento.

Tema 23. Valoración clínica do paciente con A.C.V.: tratamento.

Tema 24. A demencia senil tipo Alzheimer.

Tema 25. Síndrome menínxea: actitude diagnóstica. Tratamento.

Tema 26. A vertixe: síndromes periféricas e centrais.

Tema 27. Trastornos de ansiedade: descrición fenomenolóxica. Tratamento.

Tema 28. Estados depresivos: clasificación, clínica, etiopatoxenia e tratamento.

Tema 29. Alcoholismo e drogodependencias.

Tema 30. Diabete mellitus: diagnóstico e tratamento.

Tema 31. Patoloxía tiroidea: bocio simple. Hipotiroidismo. Hipertiroidismo.

Tema 32. Patoloxía e consolidación de fracturas: diagnóstico das fracturas e principios de tratamento. Factores que afectan á consolidación. Complicacións. Fracturas patolóxicas.

Tema 33. Corpos estraños oculares. Abrasión corneal. Conxuntivite: clínica, diagnóstico e tratamento.

Tema 34. Otite externa. Otite media.

Tema 35. Micoses superficiais: etioloxía e clínica. Diagnóstico. Tratamento.

Tema 36. Urticaria: causas. Enfoque diagnóstico. Tratamento.

Tema 37. Úlceras por decúbito: características clínicas. Tratamento. Profilaxe.

Tema 38. Enfermidades de transmisión sexual: epidemioloxía, aspectos clínicos e diagnósticos, tratamento.

Tema 39. A síndrome de inmunodeficiencia adquirida.

Tema 40. Valoración da minusvalidez: aspectos xerais.

Grupo: I, categoría: 6. Titulado/a superior psicólogo/a.

Tema 1. Marco legal dos servicios sociais. A Constitución. O Estatuto de autonomía. A Lei de bases de réxime local. Traspasos de competencias.

Tema 2. A política social das «comunidades europeas». O Fondo Social Europeo.

Tema 3. A Lei de servicios sociais de Galicia. Marco legal. Estructura. Contido.

Tema 4. Os servicios sociais de atención primaria. Contido e organización. Programas e proxectos. Equipamentos. Supervisión e coordinación. O plan concertado para a execución das prestacións básicas dos servicios sociais municipais.

Tema 5. A Lei galega de medidas básicas para a inserción social. Antecedentes e fundamentación. Estructura e contido. Normas de desenvolvemento. O plan galego de inclusión social.

Tema 6. A Lei de integración social para minusválidos. Normas de desenvolvemento. A valoración e cualificación de minusválidos. Os equipos técnicos de valoración: composición e funcións.

Tema 7. A Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do código civil e da Lei de axuizamento civil.

Tema 8. Lei sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social.

Tema 9. A Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, a infancia e da adolescencia.

Tema 10. A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

Tema 11. O marco legal regulador do divorcio e da separación matrimonial: causas, procedementos e medidas reguladoras. Os equipos técnicos adscritos ós xulgados de familia: composición e funcións. Funcións do psicólogo.

Tema 12. A orde pola que se regulan os requisitos específicos que deben reuni-los centros de menores e os centros de atención á infancia.

Tema 13. O II Plan Integral de Apoio á Familia: principios inspiradores; obxectivos; niveis de intervención; programas de actuación.

Tema 14. A metodoloxía en psicoloxía. O concepto de método. O método experimental: definición e estructura. Os métodos correlacionais: definición e características xerais (¿).

Tema 15. Os tests psicométricos. Características. Os tests de intelixencia. Os tests de aptitude. Os cuestionarios de personalidade. Características. Tipos de cuestionarios.

Tema 16. Os tests proxectivos. Características e clasificación. O Rorschach. O TAT. A entrevista psi

colóxica. Concepto e características. Tipos de entrevista psicolóxica.

Tema 17. Técnicas de avaliación conductual. Definición. Estructura e obxectivos. Tipos de técnicas.

Tema 18. O informe psicolóxico. Aspectos xerais. Tipos de informe. Estructura do informe psicolóxico.

Tema 19. A psicoloxía comunitaria. Antecedentes. Definición e características. Ámbitos de actuación. Prevención. Estrés psicosocial e apoio social. Os roles do psicólogo comunitario.

Tema 20. O sistema familiar. Estructura e funcións. O ciclo vital familiar e crises evolutivas asociadas. Abordaxes de intervención ante conflictos familiares e maritais: mediación familiar, orientación e consello psicolóxico.

Tema 21. Os equipos técnicos do menor: características; metodoloxía da intervención.

Tema 22. O desenvolvemento evolutivo do neno: o primeiro ano; a primeira infancia; a segunda infancia; a adolescencia.

Tema 23. Alteracións propias da primeira infancia: reaccións neuróticas; psicoses endóxenas; psicoses orgánicas.

Tema 24. Alteracións propias da idade escolar: fobia escolar; atraso escolar; fracaso escolar.

Tema 25. Inadaptación social e conducta delictiva na adolescencia: factores etiolóxicos, constitucionais, familiares e sociolóxicos. A agresión: teorías explicativas.

Tema 26. Estratexias de prevención da conducta inadaptada. Prevención primaria. Prevención secundaria. Prevención terciaria. Prevención e tratamento na comunidade e nas institucións.

Tema 27. Os malos tratos á infancia: definición; tipoloxías; factores de risco; o proceso de intervención ante o maltrato infantil.

Tema 28. A neurose: concepto e clasificación. A psicose: concepto e clasificación.

Tema 29. Os minusválidos. Concepto. Clasificación. Tipoloxías. Aspectos cuantitativos da poboación minusválida.

Tema 30. Os minusválidos físicos do aparello locomotor. Concepto. Problemática social. Principais necesidades. Medidas de integración social e servicios especializados.

Tema 31. Os minusválidos sensoriais. Concepto. Clasificación. Problemática social. Principais necesidades. Medidas de integración social e servicios especializados.

Tema 32. A deficiencia mental. Concepto. Clasificación. Características. Problemática social. Atención e servicios específicos.

Tema 33. A parálise cerebral. Características clínicas. Problemática social e asistencial.

Tema 34. Psicóticos. Características clínicas. Problemática social e asistencial.

Tema 35. Autistas. Características clínicas. Problemática social e asistencial.

Tema 36. Prevención da minusvalidez. Prevención perinatal. Hixiene e seguridade no traballo e na vida cotiá.

Tema 37. A terceira idade. Características físicas e psicolóxicas da vellez. Psicopatoloxía. Problemáticas sociais. Os servicios sociais para a terceira idade. Programas e recursos. Situación actual na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 38. Drogodependencia e marxinación. Conceptos básicos. Tipos de adicción. Epidemioloxía. Motivación, actitudes e factores de risco. A rede de atención a drogodependencias na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 39. A poboación xitana en Galicia. Aspectos demográficos. Problemática específica. Medidas para a integración social.

Tema 40. Os servicios sociais e a muller. O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller: estructura, composición e funcións. A muller e o traballo. Consecuencias da súa incorporación ó mercado do traballo. Políticas sociais actuais a favor da muller. A situación en Galicia.

Grupo II

Parte xeral común a tódalas categorías

Tema 1. O concepto de constitución. A constitución como norma xurídica. A Constitución española de 1978. Principios informadores. Estructura. A reforma constitucional.

Tema 2. Os dereitos fundamentais: evolución histórica e conceptual. Os dereitos fundamentais da Constitución española. A súa garantía e suspensión. A participación social na actividade do Estado.

Tema 3. A Coroa e as súas funcións constitucionais. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. O Defensor do Pobo.

Tema 4. O Tribunal Constitucional. Composición e funcións. O Poder Xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial: organización e competencias. O Tribunal Supremo. Os Tribunais Superiores de Xustiza. O Ministerio Fiscal.

Tema 5. O Goberno do Estado. A súa composición e funcións. O presidente do Goberno. Os ministros. Relacións entre o Goberno e as Cortes.

Tema 6. O ordenamento xurídico administrativo. Fontes do dereito administrativo e a súa xerarquía. Especial estudio do regulamento: concepto, clases. Límites da potestade regulamentaria. As disposicións do executivo con forza de lei.

Tema 7. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto. Suxeito, obxecto, causa, fin e forma. Eficacia e executividade do acto adminis

trativo. Procedemento de execución. Nulidade de pleno dereito. Anulabilidade. Revisión de oficio e revogación dos actos administrativos.

Tema 8. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación e principios informadores. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. O silencio administrativo.

Tema 9. Os recursos administrativos, concepto e clases. Requisitos xerais dos recursos administrativos. Materia recorrible, lexitimación e órgano competente. Recursos de alzada e de revisión. Breve referencia ó recurso contencioso-administrativo.

Tema 10. Os contratos administrativos: natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de adxudicación dos contratos.

Tema 11. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 12. O Parlamento de Galicia. O Valedor do Pobo. A Administración Pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta. Organización e estructura das consellerías.

Tema 13. As administracións locais. O municipio. A provincia. Outras entidades locais. Especial referencia á comarca e á parroquia.

Tema 14. O funcionamento das entidades locais. Potestade regulamentaria das corporacións locais. Réxime xurídico e impugnación de acordos.

Tema 15. O persoal ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Criterios diferenciadores.

Tema 16. A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. A carreira administrativa. Situacións administrativas dos funcionarios. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

Tema 17. Persoal laboral. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Tema 18. Provisión de vacantes, selección e contratación do persoal laboral da Xunta de Galicia. Licencias, excedencias, beneficios sociais. Incompatibilidades.

Tema 19. O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Capacidade para contratar. Forma. Documentación e proba. O sistema de colocación. As relacións laborais excluídas.

Tema 20. O dereito de representación colectiva do persoal ó servicio das administracións públicas. O dereito de reunión, sindicación e folga. A representatividade sindical: órganos de representación.

Tema 21. As Comunidades Europeas. O ordenamento xurídico comunitario. As liberdades básicas

do sistema comunitario. As institucións comunitarias e o seu funcionamento.

Tema 22. A Acta Única Europea. O Tratado da Unión Europea.

Tema 23. O orzamento. Concepto e clases. O orzamento do Estado. A súa estructura. O ciclo orzamentario.

Tema 24. A contabilidade pública: concepto. Contabilidade preventiva, executiva e crítica. Ingresos orzamentarios, créditos orzamentarios e remanentes de crédito. Devolución de ingresos. Contraído, formalización, intervención.

Tema 25. As contas da contabilidade pública. A planificación contable. Plan xeral de contabilidade pública. Ámbito e contido do plan. Obxectivos. Criterios de valoración. O Euro: a súa reconversión e regras de redondeo.

Parte específica

Grupo: II, categoría: 2. ATS//enfermeiro/a//practicante//DUE.

Tema 1. Concepto e funcións de enfermería. Historia clínica, diagnóstico e planificación de coidados.

Tema 2. Envellecemento. Cambios físicos, mentais e sociais.

Tema 3. Prevención de enfermidades e situacións incapacitantes na vellez. Detección dos factores de risco.

Tema 4. Alteracións de S.N. Confusión aguda, alteracións depresivas, alteracións do sono. Ictus.

Tema 5. Trastornos neurolóxicos. Enfermidade de Parkinson. Coidados de enfermería.

Tema 6. Demencias. Enfermidade de Alzheimer. Concepto. Diagnóstico.

Tema 7. Patoloxía sensorial. Alteracións visuais, do oído e da fala.

Tema 8. Patoloxía cardíaca. Angor. Infarto de miocardio. Factores de risco.

Tema 9. Trastornos do pulso. Cardiopatía isquémica, valvular e pulmonar.

Tema 10. Tratamento do doente con insuficiencia cardíaca. Reanimación cardiopulmonar.

Tema 11. Hipertensión arterial. Epidemioloxía, riscos, diagnóstico e tratamento. Vasculopatía periférica. Tratamento.

Tema 12. Patoloxía pulmonar. Bronquite crónica. Tuberculose. Enfisema. Pneumonía. Asma. Carcinoma bronquial.

Tema 13. Coidados de vías aéreas. Asfixia por obstrucción. Intubación. Osixenoterapia.

Tema 14. Patoloxía músculo-esquelética. Artrite. Osteoporose. Enfermidade de Paget. Coidados de enfermería. Caídas, riscos e consecuencias.

Tema 15. Trastornos gastrointestinais. Neoplasias orais. Alteracións esofáxicas. Úlcera gástrica. Diverticulose. Cancro de colon e recto. Diarrea e estrinximento.

Tema 16. Hepatopatías. Patoloxía biliar. Pancreatite aguda e crónica.

Tema 17. Alteracións renais. Insuficiencia renal aguda. Infeccións do tracto urinario. Carcinoma de vexiga e próstata.

Tema 18. Incontinencia urinaria. Causas, valoración e tratamento.

Tema 19. Patoloxía xinecolóxica na vellez. Neoplasias uterinas, de ovario e mama.

Tema 20. Enfermidades da pel. Prurito. Eccema. Tumores. Alteracións vasculares.

Tema 21. Úlceras por decúbito. Doentes de risco. Prevención e tratamento.

Tema 22. Alteracións endócrinas. Hipotiroidismo. Hipertiroidismo. Diabete. Sintomatoloxía e tratamento.

Tema 23. Hematoloxía. Anemias, signos e síntomas. Enfermidades hemorráxicas. Trombocitopenia. Trombocitose.

Tema 24. Administración de medicamentos. Interaccións medicamentosas. Vías principais de administración.

Tema 25. Nutrición. Requirimentos alimentarios. Alimentación enteral.

Grupo: II, categoría: 6. Educador/a//profesor/a especial.

Tema 1. O menor como suxeito de dereitos: concepto. Evolución histórica. Lexislación actual.

Tema 2. Inadaptación social infanto-xuvenil: concepto. Factores influentes. Clasificación. Teorías para a súa abordaxe.

Tema 3. Detección de problemas sociais na infancia e na xuventude: instrumentos e técnicas.

Tema 4. A observación de conductas como instrumento de recolla de datos: procedementos de rexistro.

Tema 5. O apoio e a vinculación afectiva: concepto. Desenvolvemento e trastornos; consecuencias e pautas educativas.

Tema 6. Evolución psicolóxica da infancia e a xuventude: estadios e características.

Tema 7. Socialización e desenvolvemento moral no rapaz de 6 a 15 anos.

Tema 8. Crises de identidade e manifestacións psicopatolóxicas na adolescencia: concepto.

Tema 9. Motivación e aprendizaxe.

Tema 10. Habilidades sociais na infancia e xuventude. Modificación de hábitos sociais: concepto e técnicas.

Tema 11. Técnicas de modificación de conductas.

Tema 12. O grupo: concepto e tipoloxías. Conceptos de liderado. Estructura. Características.

Tema 13. Conducción e animación de grupos: estratexias.

Tema 14. Educación non formal: concepto e tipoloxía. Instrumentos educativos.

Tema 15. O educador social. Concepto, historia e perfil profesional. O educador social de menores en risco: Habilidades básicas. Modelos de intervención educativa.

Tema 16. O equipo educativo. Concepto. Características. Toma de decisións.

Tema 17. Delincuencia xuvenil: concepto, factores influentes e tratamentos.

Tema 18. Programación educativa: formulación de obxectivos. Organización e desenvolvemento de actividades formativas e educativas.

Tema 19. Programas de atención directa a menores en situación de risco: concepto, ámbitos de actuación, elementos que o integran.

Tema 20. Proxectos socioeducativos: definición. Elementos. Xestión e estratexias.

Tema 21. Modelo de investigación-acción: aplicación ó tratamento de menores.

Tema 22. A avaliación de programas e proxectos: concepto. Técnicas e instrumentos.

Tema 23. Educación permanente de adultos.

Tema 24. Papel da educación de adultos na dinámica social. Canles da educación de adultos: canles de educación non institucionalizada; canles de educación institucionalizada. O libro branco sobre a educación de adultos. O adulto ante o proceso educativo. Motivacións dos adultos para a súa incorporación a un proceso educativo: necesidades laborais; promoción social. Necesidade de información para a resolución de problemáticas concretas. Capacidades e aptitudes do adulto para a aprendizaxe.

Tema 25. A planificación na educación de adultos. Aspectos do ensino con adultos: dimensión psicodidáctica e caracterización do adulto. A aprendizaxe do adulto. Educación de adultos e cambio social. Dinámica de socialización e educación do adulto.

Grupo: II, categoría: 17. Asistente social.

Tema 1. A acción social. Concepto e etapas históricas. Política social. O estado de benestar. A crise do estado do benestar. Modelos alternativos.

Tema 2. Política social na UE. A Carta Social Europea. O Fondo Social Europeo. O plan europeo de loita contra a pobreza.

Tema 3. Marco legal dos servicios sociais: Constitución española, O Estatuto de autonomía, a Lei de bases de réxime local. A Lei de servicios sociais de Galicia: estructura e contido.

Tema 4. Lei galega de medidas básicas para a inserción social. Antecedentes e fundamentación. Estructura e contido. Normas de desenvolvemento.

Tema 5. O sistema español de Seguridade Social. Lei protectora. Pensións non contributivas. Modalidades. Requisitos.

Tema 6. Fundamentos, principios e funcións do traballo social. O obxecto do traballo social: suxeito, obxecto e contido. Obxectivos, etapas e metas. Niveis de intervención no traballo social.

Tema 7. Proceso metodolóxico no traballo social. Correntes metodolóxicas. Proceso metodolóxico na planificación: aproximación á realidade social. Formulación de prioridades. Planificación. Programación. Execución. Avaliación.

Tema 8. Técnicas en traballo social: instrumentais, de coñecemento, de intervención, de avaliación.

Tema 9. A investigación en traballo social. As necesidades sociais. Tipoloxía, identificación e medida. Obxectivación. Técnicas aplicables. O traballo social como tecnoloxía.

Tema 10. O traballador social como membro dun equipo interdisciplinar: fundamento, funcións e principios básicos como técnico e nos diferentes ámbitos de intervención. Deontoloxía e ética profesional. Os códigos de ética no traballo social en relación co usuario, as institucións e outros profesionais.

Tema 11. Os servicios sociais. Concepto. Os servicios sociais e a Administración pública a nivel estatal, autonómico e local. Organización e competencia. Sistema económico. Cooperación e coordinación.

Tema 12. Servicios sociais de Atención Primaria. Principios que os inspiran e obxectivos. Competencias e organización. Equipamentos e prestacións básicas que garanten. Equipos técnicos. Plan concertado.

Tema 13. Os servicios sociais especializados. Concepto. Competencias e organización. Referencias legais. Equipamentos.

Tema 14. Servicios sociais especializados en institucións. As institucións e a relación coa sociedade. Correntes desinstitucionalizadoras. O traballo social en institucións.

Tema 15. Servicios sociais especializados I: infancia e adolescencia. Normativa reguladora de menores. Lei 21/1987 e desenvolvemento na Comunidade Autónoma; principais modificacións que introduce. Programas de actuación. Equipos do menor; composición, funcións e metodoloxía de intervención. Papel do traballador social.

Tema 16. Servicios sociais especializados II: infancia e adolescencia. Os malos tratos na infancia. Definición. Tipoloxía. Factores de risco. O proceso de intervención perante o maltrato infantil. Prevención, detección e tratamento social. Inadaptación social e conducta delictiva na adolescencia.

Tema 17. Servicios sociais especializados III: infancia e adolescencia. Institucións para a infancia e a xuventude na Comunidade Autónoma. Problemática do menor institucionalizado.

Tema 18. Servicios sociais especializados IV: familia. Definición do traballo social con familias e grupos. Enfoques e correntes actuais.

Tema 19. Servicios sociais especializados V: muller. Políticas sociais actuais no sector da muller. O papel do traballador social nos servicios sociais de atención á muller en situación de necesidade. A situación en Galicia: problemática, recursos, organización administrativa.

Tema 20. Servicios sociais especializados VI: minusválidos físicos, psíquicos e sensoriais. A Lei de integración social do minusválido (LISMI). Normas de desenvolvemento. Necesidades e recursos: centros e servicios especializados, acollemento familiar e axuda a domicilio, axudas e subvencións. O papel do traballador social na acción integradora nos niveis laboral, educativo, de ocio e tempo libre.

Tema 21. Servicios sociais especializados VII: vellez. Aspectos sociais do envellecemento. Necesidades sociais e recursos: institucións abertas e pechadas, servicios de apoio, axuda a domicilio e acollemento familiar. Datos demográficos e proxeccións da poboación en Galicia. O traballo social na vellez.

Tema 22. Servicios sociais especializados VIII: drogodependencias. Concepto. Aspectos sociais do drogodependente. Prevención, tratamento e rehabilitación social. Reinserción social. Servicios e recursos. Plan autonómico de drogodependencia.

Tema 23. Servicios sociais especializados IX: minorías étnicas. Características e necesidades sociais. Recursos. Aspectos demográficos. Problemática específica e medidas para a integración social.

Tema 24. Organizacións non gobernamentais. Concepto. Tipos. Sistema de financiamento. Organización e coordinación coas distintas administracións.

Tema 25. Asociacionismo e voluntariado social. Concepto, características e normativa que os regula. Organización. Sistema de financiamento. Organización e coordinación coas distintas administracións (autonómica e local). Novas tendencias no voluntariado social.

Grupo: II, categoría: 31. Restaurador/a.

(Especialidade arqueoloxía).

Tema 1. Concepto de restauración. Evolución histórica das teorías.

Tema 2. A conservación preventiva. Cartas e programa de riscos.

Tema 3. Criterios de intervención na conservación e restauración dos bens culturais.

Tema 4. Principais teorías de restauración de bens culturais.

Tema 5. Documentación e control do proceso de restauración.

Tema 6. O edificio como centro de conservación: estructura e instalación.

Tema 7. Cartas do restauro: 1972-1987. Instruccións e obxectivos.

Tema 8. A Lei do patrimonio cultural de Galicia.

Tema 9. A Lei do patrimonio histórico español.

Tema 10. Arquivos, bibliotecas e museos de Galicia. Principais centros. Organización.

Tema 11. Criterios na conservación e restauración de materiais arqueolóxicos.

Tema 12. A cerámica arqueolóxica. Materiais, técnicas, patoloxías. Tratamentos de conservación e restauración.

Tema 13. O vidro arqueolóxico. Materiais, técnicas, patoloxías. Tratamentos de conservación e restauración.

Tema 14. Materiais arqueolóxicos subacuáticos. Características do medio. Patoloxías dos materiais Sistemas de extracción, tratamentos de conservación e restauración.

Tema 15. O metal arqueolóxico. Materiais, técnicas, patoloxías. Tratamentos de conservación e restauración.

Tema 16. O material pétreo arqueolóxico. Características xerais de materiales pétreos, técnicas, e patoloxías. Tratamentos de conservación e restauración.

Tema 17. Mosaicos e pinturas murais arqueolóxicas. Materiais, técnicas, patoloxías. Sistemas de extracción, soportes ríxidos e conservación in situ.

Tema 18. Materiais orgánicos no medio arqueolóxico. Materiais, técnicas, patoloxías. Tratamentos de conservación e restauración.

Tema 19. Materiais paleontolóxicos. Características dos materiais fósiles. Extracción e tratamentos de conservación e restauración.

Tema 20. Documentación: fotografía e debuxo dos materiais arqueolóxicos e os seus tratamentos. Embalaxe e traslado.

Tema 21. Os materiais arqueolóxicos no museo: almacenaxe, control ambiental, sistemas de exposición. O laboratorio de restauración no museo arqueolóxico.

Tema 22. Técnicas analíticas aplicadas á conservación e restauración dos bens culturais arqueolóxicos.

Tema 23. A conservación in situ: conservación de muros, chans. Sistemas de drenaxe, hidrofugación, control biolóxico. Musealización dos xacigos: elementos auxiliares.

Tema 24. Traslado de bens arqueolóxicos: embalaxe, transporte, control e documentación. Exposición de materiais arqueolóxicos.

Tema 25. O laboratorio de restauración do patrimonio arqueolóxico: instalacións e equipamento.

(Especialidade papel).

Tema 1. Concepto de restauración. Evolución histórica das teorías.

Tema 2. A conservación preventiva. Cartas e programa de riscos.

Tema 3. Criterios de intervención na conservación e restauración dos bens culturais.

Tema 4. Principais teorías de restauración de bens culturais.

Tema 5. Documentación e control do proceso de restauración.

Tema 6. O edificio como centro de conservación: estructura e instalación.

Tema 7. Cartas do restauro: 1972-1987. Instruccións e obxectivos.

Tema 8. A Lei do patrimonio cultural de Galicia.

Tema 9. A Lei do patrimonio histórico español.

Tema 10. Arquivos, bibliotecas e museos de Galicia. Principais centros. Organización.

Tema 11. Fabricación e causas intrínsecas da deterioración dos soportes do documento gráfico: o papel e o pergameo.

Tema 12. Causas extrínsecas de degradación do documento gráfico.

Tema 13. Fases iniciais do proceso de restauración do documento gráfico: control e técnicas analíticas.

Tema 14. Eliminación das manchas e sucidade do documento gráfico. A limpeza e o branqueo: criterios, medios e procedementos.

Tema 15. Fixativos e consolidantes: criterios, medios e procedementos de aplicación. Características dos principais adhesivos aplicados no proceso de restauración.

Tema 16. A reintegración do soporte. Métodos manuais e mecánicos: criterios, medios e procedementos.

Tema 17. A desacidificación do documento gráfico: criterios, medios e procedementos.

Tema 18. A laminación manual e mecánica: criterios, medios e procedementos.

Tema 19. Os elementos gráficos: tipos e causas de alteración intrínsecas. A reintegración da grafía: criterios, medios e procedementos.

Tema 20. A estabilización higroscópica e os sistemas de secado e alisamento: criterios, medios e procedementos.

Tema 21. Montaxe e encadernación dos documentos gráficos: criterios, medios e procedementos.

Tema 22. Os materiais fotográficos: identificación, causas de deterioración e conservación.

Tema 23. O laboratorio de restauración do documento gráfico: instalacións e equipamento.

Tema 24. Traslado (embalaxe, transporte, control e documentación) e exposición dos documentos gráficos.

Tema 25. Actuacións ante desastres en arquivos, bibliotecas e museos con fondos documentais.

Grupo II, categoría 38: perito-xudicial diplomado en inmobles.

Tema 1. Ministerio de Xustiza. Organización e funcións. Especial referencia á Dirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. Xerencias Territoriais de Xustiza.

Tema 2. Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Organización e competencias. Delegacións: organización e competencias. Especial referencia á Dirección Xeral de Xustiza.

Tema 3. Organización dos tribunais I. Órganos colexiados: Tribunal Supremo, Audiencia Nacional, Tribunais Superiores de Xustiza e Audiencias Provinciais.

Tema 4. Organización dos tribunais II. Órganos unipersonais: Xulgados de Primeira Instancia e de Familia, Xulgados de Instrucción e do Penal, Xulgados do Social, Xulgados do Contencioso-Administrativo, Xulgados de Menores e Xulgados de Paz.

Tema 5. Persoal funcionario ó servicio da Administración de xustiza: xuíces, fiscais, secretarios, oficiais, auxiliares e axentes.

Tema 6. A figura do perito en la oficina xudicial. Lexislación básica sobre a actuación pericial. Funcións do perito xudicial. Dereitos e deberes dos peritos xudiciais.

Tema 7. Concepto da denominada proba pericial. O informe pericial: características e partes de que consta.

Tema 8. Concepto e clases de bens inmobles. Distinción entre predios rústicos e urbanos.

Tema 9. Proceso xeral de valoración. Os distintos significados atribuídos a valor. O prezo xusto. A plusvalía.

Tema 10. O valor de repercusión. Concepto, significación e método de busca.

Tema 11. Tipos de amortización e depreciación de inmobles: coeficientes correctores do valor.

Tema 12. Valoración de edificios urbanos: valoración sintética ou estimación do valor e valoración analítica. A valoración de predios ruinosos. O prezo xusto.

Tema 13. Valoración de predios rústicos: variables que determinan o valor real dun predio agrario. Coñecementos básicos de edafoloxía.

Tema 14. A expropiación forzosa (predios rústicos e urbanos).

Tema 15. Valoración urbanística: valor inicial e urbanístico. Valoracións urbanísticas, expropiacións e supostos indemnizatorios.

Tema 16. Réxime urbanístico da propiedade do solo.

Tema 17. Os dereitos reais: concepto e clases.

Tema 18. Valoración de dereitos I: superficie, dereito de voo, usufructo, núa propiedade, uso e habitación.

Tema 19. Valoración de dereitos II: concesións administrativas, arrendamentos financeiros con opción de compra (leasing) e valoración do traspaso dun negocio.

Tema 20. Valoración de dereitos III: xuízos verbais de tutela posesoria (interdictos).

Tema 21. A propiedade: concepto e clases. O medianil como forma de copropiedade. Dereitos de tanteo e retracto. A súa valoración.

Tema 22. As servidumes. Concepto e clases. A súa valoración.

Tema 23. Rexistro da propiedade en relación cos dereitos reais.

Tema 24. Concepto xurídico de predio: predio material e rexistral. Individualización do predio e a súa descrición. Deslindamento e marcaxe.

Tema 25. Aspectos relacionados coa valoración de bens inmobles: hipoteca e outros.

Grupo III

Parte xeral común a tódalas categorías

Tema 1. A Constitución española de 1978: estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais. A súa garantía e suspensión. O Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo.

Tema 2. A Coroa. Funcións constitucionais de El-Rei. As Cortes Xerais. Composición, atribucións e funcionamento. Aspectos básicos do proceso de elaboración e aprobación das leis.

Tema 3. O Poder Xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. A organización xudicial española. O Tribunal Supremo e os Tribunais Superiores de Xustiza.

Tema 4. O Goberno e a Administración. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais. Designación, duración e responsabilidade do Goberno.

Tema 5. O ordenamento xurídico-administrativo. Fontes do dereito administrativo e a súa xerarquía. Especial estudio do regulamento: concepto, clases. Límites da potestade regulamentaria. As disposicións do executivo con forza de lei.

Tema 6. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, causa, fin e forma. A eficacia e executividade do acto administrativo. Procedemento de execución. Nulidade de pleno dereito. Anulabilidade. Revisión de oficio e revogación dos actos administrativos.

Tema 7. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación e principios informadores. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. O silencio administrativo.

Tema 8. Os recursos administrativos: concepto e clases. Requisitos xerais dos recursos administrativos. Materia recorrible, lexitimación e órgano competente. Recursos de alzada e de revisión.

Tema 9. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 10. O Parlamento de Galicia. O Valedor do Pobo. A Administración pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta. Organización e estrutura das consellerías.

Tema 11. O persoal ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Criterios diferenciadores.

Tema 12. A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. A carreira administrativa. Situacións administrativas dos funcionarios. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

Tema 13. Persoal laboral. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Tema 14. Provisión de vacantes, selección e contratación do persoal laboral da Xunta de Galicia. Licencias, excedencias, beneficios sociais. Incompatibilidades.

Tema 15. As Comunidades Europeas. O ordenamento xurídico comunitario. As liberdades básicas do sistema comunitario. A Acta Única Europea. O Tratado da Unión Europea.

Parte específica

Grupo: III, categoría: 61. Oficial laboratorio//analista 2ª//axudante técnico/a laboratorio.

Tema 1. Principios básicos de calidade nun laboratorio de ensaio. Norma ISO/DIS 17025. Seguridade no laboratorio. Xestión de residuos no laboratorio: clasificación, recolla e eliminación.

Tema 2. Coñecementos básicos de química: nomenclatura química orgánica e inorgánica, disolucións, unidades de medida e de concentración, concepto de pH: medidas de pH, coidado e manexo de electrodos. Hidratos de carbono, lípidos e proteínas. Vitaminas.

Tema 3. Material volumétrico de uso nun laboratorio. Descrición, uso e limpeza. Calibración e verificación de equipos.

Tema 4. Conservación e tratamento das mostras para a súa análise en función do tipo de mostra e da analítica requirida.

Tema 5. A auga do mar e as súas características químicas. Salinidade, clorinidade e pH mariño.

Tema 6. O mar e as súas características físicas. Fondos mariños e a súa natureza. Morfoloxía litoral da plataforma.

Tema 7. Os seres mariños. Plancto, bentos e necto. Conceptos básicos. Cadeas tróficas. Invertebrados mariños: moluscos e crustáceos. Vertebrados: peixes.

Tema 8. Pesca: métodos, artes e aparellos.

Tema 9. Principais cultivos mariños en Galicia.

Tema 10. Conceptos xerais de microbioloxía: esterilidade: concepto xeral, esterilización de material e de medios de cultivo; medios de cultivo: conceptos xerais e preparación; preparación de mostras para ensaios microbiolóxicos: tratamento da mostra, disolución e sementeiras.

Grupo: III, categoría: 63. Oficial 1ª conductor/a//conductores/as 1ª//conductores/as altos cargos//conductor/a mecánico/a.

Tema 1. Código de circulación. Decreto de regulación do servicio de automobilismo da Xunta de Galicia. Orde que o desenvolve.

Tema 2. O conductor. Factores que diminúen as actitudes do conductor. Permiso e licencias de conducción: Clases e vehículos autorizados a conducir. O vehículo: definicións, documentación, a carga e persoas transportadas.

Tema 3. O accidente de circulación: comportamento en caso de accidente. Delictos contra a seguridade do tráfico. Nocións básicas de primeiros auxilios.

Tema 4. Funcionamento dun motor de catro tempos: admisión, compresión, explosión ou acendido e escape. Clasificación dos motores: pola súa disposición, polo número de cilindros e polo tipo de combustible.

Tema 5. O engraxamento: aceites, a súa finalidade e tipos. Sistemas de engraxamento. Cambio de aceites, ventilación. Filtración. Refrixeración no vehículo: funcións, distintos tipos de refrixeración, e o seu coñecemento.

Tema 6. Elementos de seguridade: freos, tipos e o seu coñecemento. A suspensión: órganos de suspensión e amortecemento do automóbil. Funcións dos amortecedores.

Tema 7. A transmisión: caixa de cambios. Árbore de transmisión. Diferencial. Palieres. Embrague, a súa misión.

Tema 8. Electricidade do vehículo. Batería. Bobina. Ruptor. Distribuidor. Buxías. Regulación. Dínamo. Alternador. Motor de arrincada. Béndix. O condensador. O delco. Simboloxía: corrente continua, corrente alterna, fusible, resistencia, condensador, amperímetro, voltímetro, motor xerador, interruptor.

Tema 9. O motor diésel: órganos principais. Bomba de inxección e inxectores: funcionamento. Bomba de alimentación. Arrincada en frío, quentadores.

Tema 10. Pneumáticos e lamias. Aliñamento do eixe dianteiro. Convenxencia e caída. O fenómeno «aquaplaning». Mantemento sistemático e reparacións elementais dun vehículo. Avarías, síntomas. Reparacións de emerxencias.

Grupo: III, categoría: 65. Oficial 1ª cociña//oficial 1ª cociñeiro/a//xefe/a de cociña 2ª//cociñeiro/a 1ª.

Tema 1. A alimentación, a saúde e o desenvolvemento. Proteínas, vitaminas, minerais, hidratos de carbono; calorías; o valor bromatolóxico dos alimentos. Confección de menús. Medidas sanitarias de orde xeral; medidas específicas para a prevención de riscos. Medidas sanitarias de orde xeral; medidas específicas para a prevención de riscos, en relación cos residuos de cociña

Tema 2. Organización da cociña; persoal; funcións. Despensas e frigoríficos; instalacións; circulación dos productos.

Tema 3. Condimentos, concepto e clases. O sal; o azucre; o vinagre. Condimentos de vexetais secos; especias; herbas aromáticas. Condimentos frescos. Salsas: concepto e clases; salsas básicas e derivadas. Fondos de cociña.

Tema 4. Sopas, consomés, cremas e potaxes. Propiedades, aplicacións e clases. Elaboración. Entremeses: clases.

Tema 5. Hortalizas: concepto, propiedades, aplicacións. Conservación, preparación e elaboración. Clases de hortalizas; hortalizas de temporada. Ensaladas: concepto, propiedades e aplicacións. Clases. Elaboración e presentacións.

Tema 6. A pasta italiana: cualidades. Cocción e conservación. Preparacións básicas. Os ovos: propiedades e aplicacións. Conservación; preparación.

Tema 7. Legumes secos: calidade, propiedades, conservación; clases. Preelaboración e preparación. O arroz, propiedades; elaboración. As patacas; cortes para guarnición.

Tema 8. O peixe: características; clases; cualidades. Presentación e valoración comercial. Limpeza, conservación e preparación. Elaboración.

Tema 9. As carnes: características; clases. Aspecto e denominación das pezas e anacos. Preparación das carnes vermellas e brancas; emprego dos distintos anacos. Aves de curral: clases, elaboración. A caza: elaboración.

Tema 10. As sobremesas. Sobremesas de cociña: clases; características. Elaboración. Os xeados. Os queixos e derivados lácteos. As froitas. As bebidas: augas, viños e licores.

Grupo: III, categoría: 68. Pastor/a oficial 1ª//maioral//oficial 1ª gandería//oficial 1ª campo//oficial 1ª agrícola//capataz agrícola.

Tema 1. Maquinaria agrícola habitual na explotación agrícola-gandeira. Enumeración e descrición. Xeneralidade, manexo e coidados de conservación. Actividades prácticas.

Tema 2. A cerca na explotación gandeira de ovino e vacún. Tipos e materiais utilizados.

Tema 3. O gando: alimentación e coidados. Sanidade e hixiene. Manexo do gando. Especial atención ó vacún de leite. Actividades prácticas.

Tema 4. A munxidura do gando: fases. A munxidura mecánica: funcionamento, manexo e conservación dos equipos. O leite. Calidade do leite e parámetros que a determinan. Arrefecemento do leite. Actividades prácticas.

Tema 5. O silo e a herba seca como alimento para o gando. A súa realización e distribución. Maquinaria utilizada.

Tema 6. Labores agrícolas máis frecuentes nas explotacións gandeiras. Descrición e finalidade. Actividades prácticas.

Tema 7. Descrición das diferentes operacións que se realizan nas praderías naturais e sementadas. A súa importancia para a producción. Actividades prácticas.

Tema 8. Descrición dos labores que se realizan no cultivo do centeo, trigo e millo como alimento en fresco, en ensilaxe e en gran para o gando. Actividades prácticas.

Tema 9. Operacións que se realizan nos principais cultivos de invernadoiros e baixo plástico. Descrición e finalidade segundo o cultivo. Actividades prácticas.

Tema 10. Os fertilizantes. Fertilizantes minerais e orgánicos. Unidades fertilizantes. Épocas de fertilizacións. Cálculo de fertilización K/ha. Emendas.

Grupo: III, categoría: 103. Entrevistador-enquisador.

Tema 1. Definición e obxectivos da estatística. Censos e enquisas. Unidades estatísticas. Poboación e mostra. O marco. Conglomerados de unidades. Clasificación da poboación en estratos. Variables estatísticas. Tipos de variables. Fases do proceso estatístico dun censo ou enquisa.

Tema 2. A recolla de datos. O cuestionario: recomendacións xerais de deseño. Elementos do cuestionario. Tipos de preguntas. Fluxo do cuestionario: folla de ruta e proceso de validación automática. Métodos máis habituais de recolla da información: entrevistas persoais, asistidas por ordenador, entre

vistas telefónicas asistidas por ordenador, por correo. Características, vantaxes e inconvenientes.

Tema 3. Distribución de frecuencias dunha variable estatística. Frecuencias absolutas e relativas. Táboas de frecuencias. Medidas estatísticas de centralización: media, mediana e moda. Propiedades. Medidas estatísticas de dispersión: recorrido ou rango, varianza, desviación típica e coeficiente de variación. Propiedades. Tipificación ou estandarización de valores.

Tema 4. Censo de poboación e vivendas. Padrón municipal de habitantes. Concepto e principais obxectivos. Definición de residente, familia, fogar, vivenda familiar, aloxamento e establecemento colectivo. Ámbito poboacional, temporal e xeográfico. Características investigadas. Estructura territorial: entidades e núcleos de poboación. Definición e características. A división do termo municipal en distritos e seccións.

Tema 5. Movemento natural da poboación: os fenómenos demográficos de natalidade, mortalidade e nupcialidade. Obxectivos, ámbito da estatística e forma de recolla da información. Características investigadas.

Tema 6. Enquisa de poboación activa. Obxectivos, periodicidade e ámbitos da enquisa. Definicións de poboación activa, ocupada e parada. Taxas de actividade, de ocupación e de paro.

Tema 7. Obxectivos, método de recolla da información e características investigadas nas estatísticas de edificación e vivenda; índice de producción industrial de Galicia; e enquisa de ocupación hoteleira de Galicia.

Tema 8. Clasificacións e nomenclaturas: Clasificación Nacional de Actividades (CNAE-93); Clasificación de Productos, Nomenclaturas Combinadas, Clasificación Internacional Uniforme de Ocupacións: estructura e principais conceptos.

Tema 9. A Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia: principios e estructura. A actividade estatística da Comunidade Autónoma de Galicia. Os principios e garantías da actividade estatística autonómica: a obriga de colaboración e o segredo estatístico. A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal: principios e estructura. Dereitos das persoas no tratamento de datos de carácter persoal.

Tema 10. O sistema operativo: conceptos xerais: o sistema Windows. Software Ofimático. Follas de cálculo. Procesadores de texto. Base de datos. Paquetes estatísticos. A rede internet. Correo electrónico. As páxinas Web.

Grupo IV

Parte xeral común a tódalas categorías

Tema 1. A Constitución española. Visión xeral e especial referencia ós dereitos fundamentais e liberdades públicas.

Tema 2. A Coroa. As Cortes Xerais. Composición, atribucións e funcionamento. O Tribunal Constitucional. O Consello Xeral do Poder Xudicial.

Tema 3. A Administración central do Estado. O Goberno. O presidente do Goberno e os ministros.

Tema 4. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Os recursos administrativos: concepto e clases.

Tema 5. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 6. O Parlamento de Galicia. A Administración pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta. Organización e estructura das consellerías.

Tema 7. O persoal ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Criterios diferenciadores.

Tema 8. A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Situacións administrativas dos funcionarios. Dereitos e deberes.

Tema 9. Persoal laboral. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Tema 10. A Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical: a liberdade sindical e a representatividade sindical.

Parte específica

Grupo: IV, categoría: 3. Auxiliar sanitario//auxiliar clínica//auxiliar psiquiátrico/a//auxiliar de enfermería//coidador/a xeriátrico.

Tema 1. Fundamentos da enfermería. Ética e moral profesional. A enfermería dentro do sistema sanitario.

Tema 2. A Lei xeral de sanidade. Plan Galego de Saúde Mental. Plan Autonómico de drogodependencias. A Lei de servicios sociais. Os servicios sociais da Comunidade Autónoma.

Tema 3. A saúde e a enfermería. Hixiene persoal e benestar do enfermo. Medicina preventiva. Educación para a saúde. Bases da patoloxía xeral. Nocións básicas dos grandes cadros psiquiátricos: neurose, psicose, trastornos do carácter, drogodependencias. Patoloxías crónicas e invalidantes.

Tema 4. Coidados básicos de enfermería. Pautas de hixiene ordinaria nos distintos tipos de pacientes. Baño. Coidados xerais: úlceras, dentadura, uñas. Control de esfínteres. Funcionamento intestinal. Diurese. Alimentación e hidratación do enfermo.

Tema 5. O paciente terminal. Probas e procedementos diagnósticos: exame radiolóxico. Toma de mostras para as análises: esputo, feces ou urina. O material: as axudas técnicas. As camas e os distintos modos de facelas. Material para minusválidos. Material de reeducación. Material de ergoterapia.

Tema 6. O auxiliar nos distintos departamentos. Coidados intensivos. Cirurxía. Psiquiatría. Xeriatría. Materno-infantil. Xinecoloxía.

Tema 7. O papel do auxiliar no coidado e manexo do enfermo mental. Trastornos da memoria. Demencias. Estados depresivos. Estados confusionais. O enfermo axitado. O enfermo delirante. O soño e os seus trastornos.

Tema 8. Funcións e signos vitais. Primeiros auxilios. Trastornos que xeran invalidez motora, sensorial ou mixta de carácter agudo e/ou transitorio.

Tema 9. Técnicas básicas de enfermería. Conceptos xerais de farmacoloxía. Administración de medicamentos. Efectos secundarios, contraindicacións e intoxicación. Papel do auxiliar na súa vixilancia e control. Ventilación e osixenoterapia.

Tema 10. Atención ó paciente crónico. Técnicas e habilidades no manexo da conducta do enfermo. Hospitalización. Problemas psicosociais (de adaptación, habilidades sociais, illamento, autonomía e dependencia). Relacións auxiliar-paciente (segundo idades, disfuncións, invalidez e/ou patoloxías). Tratamento e integración social. Outros tratamentos: ergoterapia, rehabilitación, laborterapia.

Grupo: IV, categoría: 4. Auxiliar fogar//coidador/a auxiliar//auxiliar coidador/a.

Tema 1. O corpo humano, concepto. Características. Aparellos. Sentidos.

Tema 2. O coidador dentro da escola ou centro. A súa participación no proceso educativo e socializador. Relacións cos familiares e persoal especializado.

Tema 3. Coordinación do coidador cos mestres, educadores, etc. O seu papel como elemento favorecedor da comunicación entre o neno normal e o neno integrado.

Tema 4. Educación especial; clasificación das persoas que a requiren. Problemas psíquicos, problemas de afectividade.

Tema 5. Características básicas do deficiente motórico. Problemas na súa escolarización ou socialización. Creación de hábitos de alimentación, hixiene... Problemas posturais. Atención específica das persoas con espiña bífida.

Tema 6. Características básicas do cego e amblíope. Problemas na súa escolarización ou socialización. Creación de hábitos de alimentación, hixiene... A independencia de movementos e desprazamentos do cego; a orientación na procura de estratexias que favorezan a súa maior independencia.

Tema 7. Características básicas do xordo. Problemas na súa escolarización ou socialización. O xordo e o seu contexto de relacións.

Tema 8. O papel do coidador nas actividades de ocio e tempo libre; recreos, saídas, excursións, campamentos. O coidador como dinamizador de xogos

e actividades. Primeiros auxilios e atención de emerxencia.

Tema 9. Creación de hábitos, técnicas, para acada-los hábitos de alimentación, hixiene... Técnicas para o manexo de apoios instrumentais para a locomoción, alimentación, hixiene. O control de esfínteres.

Tema 10. O coidador como medio para a consecución da independencia na locomoción, alimentación, hixiene. Evolución social. A importancia do traballo en equipo.

Grupo: IV, categoría: 5. Oficial 2ª cociña//cociñeiro/a oficial 2ª.

Tema 1. As cociñas; utensilios. Tratamento e manipulación dos productos alimenticios. Normas e criterios para a elaboración das comidas.

Tema 2. Despensas e frigoríficos; circulación dos productos. Os productos conxelados.

Tema 3. Condimentos; clases. Salsas e fondos de cociña; clases; elaboración.

Tema 4. Consomés, sopas e cremas; clases. Elaboración.

Tema 5. Hortalizas; clases. Limpeza, preparación e elaboración. Ensaladas; elaboración.

Tema 6. Legumes secos; clases; conservación. Preelaboración e cocción. Potaxes; clases.

Tema 7. A pasta italiana; cocción e preparación. O arroz; elaboración. Os ovos, elaboracións básicas.

Tema 8. Os peixes; clases, limpeza e preparación. Elaboración; conservación.

Tema 9. As carnes; clases; as distintas pezas e a súa utilización. Preparación. Elaboracións.

Tema 10. Postres; froitas, queixos e iogures, xelados, postres de cociña. Presentación; preparación. As bebidas: augas, viños e licores.

Grupo: IV, categoría: 9. Oficial 2ª faenas agrícolas//oficial 2ª de campo//oficial 2ª gandería//oficial 2ª agrícola.

Tema 1. Máquinas utilizadas nas explotacións agrícolas, gandeiras e forestais.

Tema 2. O manexo do gando nas explotacións de vacún de carne, leite e ovino.

Tema 3. Principais alimentos para o gando, o silo e a herba seca.

Tema 4. Manexo das praderías naturais e sementadas. Labores que hai que realizar para o cultivo do centeo, trigo e millo.

Tema 5. Principais labores agrícolas nunha explotación gandeira.

Tema 6. As cercas na explotación gandeira; importancia e tipos.

Tema 7. Cultivos extensivos principais: pataca, millo, legumes e trigo. Cultivos intensivos: tomate,

leituga, pementos, amorodo, caravel, xerbera, caraveliña e crisantemo. Manexo dun invernadoiro e dos cultivos baixo plástico.

Tema 8. Principais labores que hai que realizar nas explotacións forestais: plantacións, limpezas, podas e tratamentos.

Tema 9. Cultivos de plantas forestais: semente, sementeira, viveiros e transplantes.

Tema 10. Influencia dos labores agrícolas e forestais no ambiente: maquinaria, aceites, fertilizantes e tratamentos fitosanitarios.

Grupo: IV, categoría: 11. Auxiliar de laboratorio.

Tema 1. Nomenclatura química orgánica e inorgánica.

Tema 2. Reactivos químicos: tipificación e pureza dos reactivos utilizados en química. Manipulación de reactivos. Clasificación dos productos químicos en función das súas características de risco. Símbolos de indicación do risco.

Tema 3. Precaución e medidas de seguridade nos laboratorios. Riscos laborais nos laboratorios. Medidas que se tomarán no caso dos accidentes máis habituais nos laboratorios. Primeiros auxilios nos laboratorios. Xestión de residuos no laboratorio. Clasificación, recolla e eliminación.

Tema 4. A calidade nos laboratorios de ensaio. Esixencias da acreditación dos laboratorios. Normas de calidade. A norma ISO/DIS 17025: conceptos xerais. Manual de calidade. Procedementos normalizados. Conceptos. Normalización e acreditación de laboratorios.

Tema 5. Coidado do material de uso xeral nos laboratorios. Conceptos xerais de calibración e verificación de equipos. Material para análise volumétrica: descrición, limpeza e aplicación. Material para análise gravimétrica: descrición, limpeza e aplicación.

Tema 6. Preparación de disolucións. Disolucións patrón e substancias de tipo primario. Disolucións valoradas. Conservación das disolucións.

Tema 7. Expresión da concentración dunha disolución. Concentración en tanto por cento (peso e volume). Molaridade. Normalidade. Concentración en partes por millón.

Tema 8. Concepto de pH. Disolucións neutras, ácidas e alcalinas. Disolucións tampón. Medidas do pH. Coidado e manexo de electrodos.

Tema 9. Preparación e conservación de mostras para a súa análise: requirimentos segundo o tipo de mostra e o tipo de análise; mostras de alimentos, mostras de pensos e as súas materias primas, mostras de forraxes e silos, mostras de fertilizantes orgánicos

e inorgánicos, mostras de solos, material vexetal, pregos de herbario, mostras de gases. Toma de mostras en emisións: concepto de isocinetismo.

Tema 10. Preparación e conservación de mostras para a súa análise: requirimentos segundo o tipo de mostra e o tipo de análise; mostras para bacterioloxía, mostras para viroloxía, mostras para parasitoloxía, mostras para anatomía patolóxica, mostras de auga, mostras de abellas e panais e mostras ambientais. Preparación de utensilios para medición de gases en emisión e aire atmosférico.

Grupo: IV, categoría: 16. Conductor/a.

Tema 1. Código de circulación. Decreto de regulación do servicio de automobilismo da Xunta de Galicia. Orde que o desenvolve.

Tema 2. O conductor. Factores que diminúen as actitudes do conductor. Permiso e licencias de conducción: clases e vehículos autorizados a conducir.

Tema 3. O accidente de circulación: comportamento en caso de accidente. Delictos contra a seguridade do tráfico. Nocións básicas de primeiros auxilios.

Tema 4. Funcionamento dun motor de catro tempos: Admisión, compresión, explosión ou acendido ou escape.

Tema 5. O engraxamento: aceites, a súa finalidade e tipos. Sistemas de engraxamento. Cambio de aceites.

Tema 6. Elementos de seguridade: freos, tipos e o seu coñecemento. A suspensión. Funcións dos amortecedores.

Tema 7. A transmisión: caixa de cambios. Árbore de transmisión. Diferencial. Palieres. Embrague, a súa misión.

Tema 8. Electricidade do vehículo. Batería. Bobina. Ruptor. Distribuidor. Buxías. Regulación. Dínamo. Alternador. Motor de arrincada. Bendix. O condensador. O delco.

Tema 9. O motor diésel. Órganos principais.

Tema 10. Mantemento sistemático dun vehículo. Avarías, síntomas. Comprobacións. Posta a punto do vehículo. Reparacións de emerxencia.

Grupo: IV, categoría 35. Auxiliares de arquivos e bibliotecas.

Tema 1. As bibliotecas e os arquivos. Tipoloxía, características e funcións. As bibliotecas e arquivos de Galicia.

Tema 2. As bibliotecas públicas, funcións e servicios.

Tema 3. O proceso técnico dos fondos nas bibliotecas e nos arquivos.

Tema 4. Os servicios: a información e atención ó público en bibliotecas e arquivos; a referencia; o préstamo.

Tema 5. As seccións infantís e xuvenís. A animación á lectura.

Tema 6. As seccións especiais nas bibliotecas: publicacións periódicas, fonoteca, materiais audiovisuais e publicacións electrónicas.

Tema 7. A automatización dos servicios bibliotecarios. Os sistemas máis utilizados nas bibliotecas e arquivos galegos. A Internet nas bibliotecas

Tema 8. Os catálogos e os instrumentos de descrición nas bibliotecas e nos arquivos. A Clasificación Decimal Universal e os encabezamentos de materias. A ordenación topográfica dos fondos.

Tema 9. Normas fundamentais de mantemento e conservación das diferentes coleccións das bibliotecas e arquivos.

Tema 10. A normativa vixente en Galicia en relación con bibliotecas, arquivos, e patrimonio documental e bibliográfico.

Grupo: IV, categoría: 36. Auxiliar de museos.

Tema 1. Museos: definición, características e funcións. Sistemas preventivos de conservación en museos.

Tema 2. Movemento de obxectos nun museo: embalaxe e transporte. Sistemas de almacenaxe dos fondos no museo.

Tema 3. Medición e control da temperatura, humidade e iluminación nos museos. Tipos de aparellos e funcionamento.

Tema 4. A seguridade nos museos: a protección contra o lume e contra o roubo. Detectores, extintores e instalacións. Mantemento.

Tema 5. Deseño e montaxe das exposicións temporais en museos. Nocións básicas de carpintería, traballo con vidro, pintura.

Tema 6. Mecánica básica: aparellos de medida e verificación. Elaboración de debuxos a man alzada acotados. Coñecemento de materiais, aplicacións. Máquinas ferramentas. Mecánica aplicada: soldadura, tipos e aplicacións. Oxicorte. Válvulas, tipos e aplicacións. Bombas, tipos e aplicacións.

Tema 7. Instalacións de auga nun museo: distribución, canalización, materiais e funcionamento. Instalación de auga nos laboratorios. Precaucións.

Tema 8. Instalacións eléctricas nos museos: control e mantemento. Iluminación das pezas dos museos.

Tema 9. A seguridade e hixiene no traballo nos seguintes campos: electricidade, instalacións eléc

tricas, mecánica, xeradores de frío e de calor e incendios. Aparellos e instalacións: riscos e normas de seguridade.

Tema 10. Normativa galega específica de museos.

Grupo V

Parte xeral común a tódalas categorías

Tema 1. A Constitución española. Especial referencia ós dereitos fundamentais e liberdades públicas.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 3. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Parte específica

Grupo: V, categoría: 1. Camareiro/a-limpador/a//axudante cociña//pranchador/a-lavandeiro/a//costureira//cortador/a//pranchador/a//lavandeiro/a.

Tema 1. Proceso que se seguirá na lavandería dun centro residencial desde a recepción da roupa sucia ata a súa entrega totalmente limpa e pasada a ferro. A costura da roupa.

Tema 2. Factores que hai que ter en conta na limpeza de cuartos e zonas comúns nun centro residencial. Tipo de utensilios e productos necesarios para a súa realización.

Tema 3. Elaboración e condimentación de menús sinxelos e funcións de auxilio ó xefe e ós oficiais de cociña na elaboración dos máis complexos. Factores que hai que ter en conta para colocar e servi-las mesas dos comensais.

Tema 4. Procesos de limpeza para o mantemento en perfectas condicións dos utensilios e accesorios propios do departamento de cociña, tales como placas, fornos, marmitas, tixolas, etc.

Grupo: V, categoría: 3. Ordenanza//celador/a//vixilante oficinas//vixilante nocturno/a//vixilante//subalterno/a//porteiro/a//recepcionista//telefonista//sereno//garda.

Tema 1. Recepción. Control e entrada e saídas do persoal do centro e dos usuarios dos distintos servicios.

Tema 2. Estadías dos usuarios dos servicios do centro. Información, orientación e asistencia. Servicio de chaves e o seu control, correspondencia. Recados e mensaxes. Correspondencia oficial: entradas, saídas e repartición.

Tema 3. Información e atención ó cidadán.

Tema 4. Chamadas a través de operadora. Procedementos. Preparación da consola. Definición de tipos de chamadas. Servicio nocturno. Alarmas. Cen-

trais telefónicas. Tipos de centraliñas. Características. Centraliñas modulares. Centrais dixitais.

Grupo: V, categoría: 8. Peón agrario/a especializado/a.

Tema 1. Maquinaria utilizada nas explotacións agrícolas, gandeiras e forestais.

Tema 2. Labores que hai que realizar nos principais cultivos dunha explotación agrícola, gandeira e forestal.

Tema 3. Cultivos extensivos: pataca, millo, trigo e praderías naturais e artificiais. Cultivos intensivos: tomate, leituga, cebola, pemento, feixón, amorodo, repolo e coliflor. Alcouves e invernadoiro. Explotacións forestais: plantas utilizadas nas repoboacións en Galicia, formas e marco de plantación.

Tema 4. Principais alimentos para unha explotación de gando vacún: forraxes e concentrados.

Grupo: V, categoría: 10-E. Vixilantes de arquivos, bibliotecas e museos.

Tema 1. Arquivos, museos e bibliotecas: conceptos, características e funcións. Principais arquivos, bibliotecas e museos de Galicia: centros dependentes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Normativa galega específica de arquivos, bibliotecas e museos.

Tema 2. A seguridade no museo, arquivo e biblioteca: responsabilidades, control e protección de obxectos e persoas. Seguridade interna. Factores básicos da deterioración dos obxectos (luz, temperatura, humidade, insectos, a acción dos animais e antrópica) e acción preventiva

Tema 3. Información, orientación e asistencia dos usuarios e visitantes. Resposta ante as incidencias. Recepción. Control de entrada e saída do persoal do centro e dos usuarios. Espacios públicos e de uso interno.

Tema 4. Fitos fundamentais da historia de Galicia. Persoeiros da historia, arte e literatura galega. Principais xacigos arqueolóxicos e conxuntos históricos de Galicia.

Grupo: V, categoría: 11. Limpador/a//fregador/a//empregado/a comedor//empregado/a cociña-pinche//servicio doméstico//mozo/a de limpeza//pinche de cociña//persoal servicios xerais.

Tema 1. Funcións do persoal de limpeza. Organización do traballo. Medidas sanitarias de orde xeral: seguridade e hixiene no traballo.

Tema 2. A limpeza de cuartos e zonas comúns. Ventilación. Materiais que se empregarán e productos de limpeza. Cuartos de baño: elementos e limpeza.

Tema 3. Limpeza de maquinaria, instalacións, utensilios e accesorios propios de cociña. Limpeza de armarios, paredes, fiestras e chans. Limpeza de talleres e laboratorios.

Tema 4. A lavandería. Fases e normas xerais de lavado. O lavado dos tecidos de cor. O branqueo da roupa. O ferro de pasar: clasificación da roupa. Pasada de ferro a máquina.