Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.370

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2001 pola que se corrixen erros advertidos na Resolución do 19 de decembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 22 de xaneiro de 2001), pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico especialista de laboratorio.

Advertidos erros no anexo I da resolución desta universidade do 19 de decembro de 2000 (DOG do 22 de xaneiro de 2001), pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico especialista de laboratorio vacante no cadro de persoal laboral desta universidade, este rectorado, ó amparo do previsto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14), procede á súa rectificación nos seguintes termos:

Fase de oposición:

Onde di: «A cualificación final da fase de oposición obterase sumando as puntuacións obtidas no primeiro e segundo exercicio, polo que terá un valor máximo de 65 puntos».

Debe dicir: «A cualificación final da fase de oposición obterase sumando as puntuacións obtidas nos tres exercicios, polo que terá un valor máximo de 65 puntos».

A Coruña, 8 de xuño de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña