Por resolución da División de Recursos Humanos do 16 de maio de 2001 (DOG nº 100, do 25 de maio), nomeáronse os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo).
O punto 6 da base quinta desta resolución de convocatoria dispón que a autoridade convocante publicará, de se-lo caso, no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomean os seus novos membros que teñen que substituí-los que perderon a súa
condición por algunha das causas previstas, así como os substitutos daqueles, polo que, esta división
RESOLVE:
Primeiro.-Modifica-la Resolución do 16 de maio de 2001 nos termos seguintes:
Tribunal: grupo técnico da función administrativa.
Onde di: «Francisco Carballal Lugrís, letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Coruña».
Debe dicir: «Francisco Carballal Lugrís, letrado xefe da Asesoría Xurídica da Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña».
Tribunal: fisioterapeutas.
Onde di: «Serafín Soages Molares».
Debe dicir: «Serafín Soages Molanes».
Tribunal: TEAP.
Onde di: «Mª Teresa Yebra-Pimentel Vidal».
Debe dicir: «Mª Teresa Yebra-Pimentel Vilar».
Tribunal: grupo técnico da función administrativa.
Membros titulares:
Presidente: Manuel A. Silva Romero é substituído por Valeriano Martínez García, director xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.
Vocais: Valeriano Martínez García é substituído por José Luis Carbajo Romero, subdirector xeral de Réxime Administrativo da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
Membros suplentes:
Presidente: Valeriano Martínez García é substituído por Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, director xeral de Recursos Económicos do Servicio Galego de Saúde.
Vocais: José Luis Carbajo Romero é substituído por Joan Ribot Margarit, subdirector xeral de Planificación e Ordenación Social da Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Sevicios Sociais.
Tribunal: celador.
Membros titulares:
Vocais: José Macia Losada é substituído por Jesús Román Vidal, xefe de persoal subalterno do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
Tribunal: auxiliares da función administrativa e persoal de servicios xerais.
Membros titulares:
Vocais: María Cobas Rey é substituída por Francisco Javier Pena Corredoira, xefe de persoal do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.
Mª Dolores Parada Dacal é substituída por Santiago Fernández Nogueira (SATSE).
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2001.
Valeriano Martínez García
Director xeral de Recursos Humanos