Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.354

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se substitúe un vocal suplente do Consello Provincial de Servicios Sociais de Ourense.

O punto 1º do artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, no relativo ós consellos de servicios sociais, establece que a duración do mandato dos vocais representativos será de catro anos, sen prexuízo da súa reelección e da posibilidade de substitución dos titulares e dos suplentes durante o dito período, por proposta da institución, asociación ou entidade.

Así mesmo, o artigo 15 establece que os consellos provinciais teñen iguais funcións e funcionamento que o Consello Galego de Servicios Sociais e, en concordancia co punto 3º do artigo 5, establece que os vocais do Consello Galego de Servicios Sociais serán nomeados polo presidente do consello e o nomeamento deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Por Resolución do 14 de de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, noméanse os vocais titulares e suplentes do Consello Provincial de Servicios Sociais de Ourense.

Recibida comunicación da Deputación Provincial de Ourense, que na sesión do día 25 de maio de 2001, de acordo co punto 4º do artigo 5 do mencionado Decreto 336/1994, do 27 de outubro, acorda a substitución do suplente da dita corporación.

Por todo o anterior, en aplicación do disposto no artigo 5 e concordantes do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, por proposta da Deputación Provincial de Ourense,

RESOLVO:

Substituír a José Santiago Camba Bouzas e nomear no seu posto de vocal suplente a Manuel Seoane Rodríguez en representación da Deputación Provincial de Ourense.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Admi

nistrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e no artigo 74 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1988.

Ourense, 4 de xuño de 2001.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense