Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.253

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 5 de xuño de 2001 pola que se resolve a cesión en propiedade de material para o Plan de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga) ós concellos galegos para misións de protección civil.

Por Orde do 9 de febreiro de 2001 (DOG nº 39, do 23 de febreiro), a Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio ós concellos galegos, consistentes na cesión de material para o Plan de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga), para misións de protección civil.

Analizadas as solicitudes e a súa documentación, os servicios competentes da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil emitiron o correspondente informe, e de conformidade co punto 5º da devandita orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.04.623.0, programa 231 A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001, a cesión en propiedade de material para o Plan de Salvamento en Praias de Galicia ós concellos de: Ares, Arzúa, As Pontes de García Rodríguez, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cariño, Carnota, Cedeira, Cee, Corcubión, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Laxe, Mañón, Miño, Mugardos, Muros, Muxía, Noia, Oleiros, Ortigueira, Outes, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Sada, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Ribadeo, Viveiro, Xove, O Carballiño, Coles, Lobios, Muíños, A Rúa, A Veiga, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Marín, Ponteareas, Portas, Sanxenxo, Tui, Mancomunidade do Val Miñor e Vilagarcía de Arousa.

Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir e que se formalizarán mediante convenio no que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais