Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.224

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO (4424/2001).

Polo presente edicto faise saber que, en providencia dictada no día da data por esta sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Xulio López Valcárcel, en nome e representación de Carlos Martín Valentín, Julio del Carmen López Cabido, Mercedes González Pavón e Elena Eugenia García Bongera contra desestimación presunta dos recursos de alzada interpostos contra resolución da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociaisi do 16-12-1999; e por vía de ampliación contra a resolución da consellería do 10-11-2000 que anula o concurso público convocado por outra do 20-1-1998.

Recurso número: 02/0004424/2001.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento ás persoas que, non o tendo sido persoalmente, mostren un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixeren con posterioridade, serán considerados como parte para os trámites no precluídos.

A Coruña, 8 de maio de 2001.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado