Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.224

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2001 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 00/063 de corpos docentes universitarios convocada por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidasde e realizado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 00/063, convocada por Resolución do 27 de novembro de 2000 (BOE do 21 de decembro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación pertante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 16 de maio de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Plaza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: Química Física.

Praza nº: 00/063.

Comision titular:

Presidente: Armesto Barbeito, Xosé Luis, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Santaballa López, Juan Arturo, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Muga Francisco, Juan Gonzalo, catedrático de universidade. Universidade do País Vasco.

Molero Casado, Miguel, profesor titular de universidade. Universidade de Sevilla.

Estelrich Latras, Joan, profesor titular de universidade. Universidade de Barcelona.

Comisión suplente:

Presidente: Andres Bort, Juan Manuel, catedrático de universidade Universitat Jaume I. Castellón.

Secretario: Sastre de Vicente, Manuel Esteban, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Lluch López, José María, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Gómez Clari, Clara María, profesora titular de universidade. Universidade de Valencia (estudi general).

Arroyo Gallego, Antonio, profesor titular de universidade. Universidade de Burgos.