Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.163

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 637/2001, interposto pola Confederación Intersindical Galega.

Recibida na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a providencia da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 637/2001 interposto pola Confederación Intersindical Galega contra resolución da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sobre anuncio de postos de traballo vacantes do corpo de mestres.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento, e se empraza para que poidan comparecer como demandados no recurso no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2001.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria