Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 18 de xuño de 2001 Páx. 8.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO relativo á oferta de emprego pública para 2001.

Aprobada a oferta de emprego pública deste concello para o ano 2001 na sesión plenaria do día 21 de decembro de 2000, a teor do previsto no artigo 91 da Lei reguladora das bases do réxime local do 2 de abril de 1985 e 18 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, faise público en cumprimento do preceptuado na normativa citada.

Persoal laboral fixo:

Grupo: artigo 30 da Lei 30/1984: B.

Clasificación: servicios técnicos.

Nº de prazas: 1.

Denominación: arquitecto técnico.

Sistema de provisión: sistema libre.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Grupo artigo 30 da Lei 30/1984: D.

Clasificación: servicios varios.

Nº de prazas: 1.

Denominación: conserxe colexio EXB.

Sistema de provisión: sistema libre.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Ares, 4 de maio de 2001.

O alcalde

Rubricado