Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 18 de xuño de 2001 Páx. 8.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2001 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación da obra que se cita.

1. Entidade adxudicadora:

-Organismo: Universidade de Vigo.

-Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

-Nº de expediente: 400/2001.

2. Obxecto do contrato:

-Descrición do obxecto: obras diversas de albanelería e instalación eléctrica do edificio do Colexio Universitario para a Facultade de Filoloxía, Traducción e Interpretación.

-Lugar de execución: Vigo-Campus das Lagoas-Marcosende.

-Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 59.920.992 pesetas (360.132,42 euros).

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información:

-Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

-Enderezo: r/ Areal, 46-anexo-3º andar.

-Localidade e código postal: Vigo, 36201.

-Teléfono: 986 81 35 56.

-Telefax: 986 81 38 57.

-Data límite de obtención de documentos e información: o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

-Clasificación esixible: grupo C; subgrupos 4, 7; categoría E.

-Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

-Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

-Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Lugar de presentación: entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. Enderezo: r/ Areal, 46-edificio anexo, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo, 36201.

-Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

-Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

-Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

-Domicilio: r/ Areal, 46-1ª planta.

-Localidade: Vigo, 36201.

-Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

-Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

Vigo, 6 de xuño de 2001.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo