Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 18 de xuño de 2001 Páx. 8.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/49-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: U. Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., centro de distribución Vidriera.

Situación: Xinzo de Limia.

Características técnicas: liña a 20 kV soterrada, en conductor R.H.Z. 12/20 kV de 985 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.S. ó C.T.1 parque empresarial e remata na L.M.T.S. ó C.T.2 parque empresarial, que entronca coa L.M.T. aérea subestación Xinzo-subestación Allariz. A L.M.T. soterrada subministra o centro de distribución da empresa Vidriera del Atlántico, S.A. no parque empresarial de Xinzo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de maio de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense