Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 18 de xuño de 2001 Páx. 8.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/48-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: U. Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T., rúa do Deporte.

Situación: Maceda.

Características técnicas: liña a 20 kV soterrada, en conductor R.H.Z. 12/20 kV de 180 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. sot. ó C.T. Los Caños e remata na L.M.T. sot. ó C.T. de Tourchaioso despois de alimenta-lo C.T. proxectado en planta baixa de edificio na r/ do Deporte, con 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 2 de maio de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense