Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2001 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de servicios consistente na distribución da revista Consumidores do Instituto Galego de Consumo.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Consumo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Instituto Galego de Consumo.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servicios.

b) Descrición do obxecto: distribución da revista Consumidores do Instituto Galego de Consumo.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 40, do 26-2-2001, con corrección de erros no nº 55, do 19-3-2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: 3.000.000 de pesetas.

4. Adxudicación.

a) Data: 20-4-2001.

b) Contratista: STD-Multiopción, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 2.480.000 pesetas.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2001.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo