De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia,
anúnciase a prórroga no prazo da segunda convocatoria pública para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións administrativas para ocupación e utilización exclusiva de prazas de atraque nas futuras instalacións para a náutica recreativa no porto de Ares, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobados para os efectos, que estarán á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na Praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, e na sede da zona centro deste ente público, sita na avda. Alférez Provisional, 1-1º, 15006 A Coruña.
A prórroga do prazo de presentación de solicitudes é de tres meses e finalizará o 30 de setembro de 2001.
As solicitudes presentaranse no rexistro xeral de Portos de Galicia, na sede central deste ente público, no enderezo antes mencionado.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2001.
Emilio García Gallego
Presidente do ente público de Portos de Galicia