Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-2/2000).

O Pleno do Concello, en sesión do día 18 de decembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Estima-lo escrito presentado por Pablo Barrón de Lejarazu.

Segundo.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle sobre ordenación de volumes, sinalamento de aliñacións e rasantes da APE I11.01, Camiño da Capela, promovido por Ramón Bahamonde Santiso e outro.

Terceiro.-Proceder á publicación deste acordo na forma legalemnte prevista.

Cuarto.-Contra o anterior acordo cabe interponer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir daquel no que se practicou a notificación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interponer recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

Quinto.-Comunicación ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado dunha copia do expediente.

O que se publica para xeral coñecimiento e efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 4 de xaneiro de 2001.

O alcalde

P.D.

Rubricado