Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTROVERDE

INFORMACIÓN pública.

De conformidade con canto se establece no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, por medio deste anuncio faise público que o Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o día 16 de maio de 2001, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento muncipal, acordo que na súa parte dispositiva resulta do teor literal seguinte:

«O Pleno do Concello, por unanimidade, e, xa que logo, co quórum da maioría absoluta legal esixida polo artigo 47.3i) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, acorda:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal nas rúas dos Nenos e Alcale de Xetas, consistente na recualificación de varias parcelas, coa finalidade de amplia-la superficie destinada a edificios e servicios públicos no ámbito onde está o colexio público.

Segundo.-Que este acordo, na súa parte dispositiva, xunto co articulado das normas, se publique no BOP, en cumprimento de canto se establece non artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Publicarase, así mesmo, aquel no Diario Oficial de Galicia de conformidade con canto establece o artigo 48.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Terceiro.-Achegar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a documentación á que fai referencia o artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia».

A modificación aprobada non supón modificación do contido das ordenanzas aplicables.

Entrada en vigor: a modificación aprobada entrará en vigor unha vez publicada no BOP de Lugo e transcorrido o prazo a que se refire o artigo 48.3º da Lei do solo de Galicia.

Recursos: contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Castroverde, 23 de maio de 2001.

Xosé Mª Arias Fernández

Alcalde