1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato
2.1. Descrición do obxecto: restauración da cuberta vexetal e control da erosión mediante repoboación no monte Río de Bangos e outros pertencentes ó concello da Fonsagrada (Lugo).
2.2. Prazo de execución: doce (12) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: vintedous millóns duascentas noventa e tres mil oitocentas cincuenta e nove (22.293.859) pesetas, IVE incluído (133.988,79 euros)
5. Fianza provisional.
2% do orzamento de licitación: catrocentas corenta e cinco mil oitocentas setenta e sete (445.877) pesetas (2.679,78 euros)
6. Fianza definitiva.
4% do orzamento de licitación: oitocentas noventa e unha mil setecentas cincuenta e catro (891.754) pesetas (5.359,55 euros).
7. Clasificación: grupo K, subgrupo 6, categoría C.
8. Documentación e información
8.1. Documentación.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Copistería Copynino, sita na rúa Xeneral Pardiñas nº 2 de Santiago de Compostela (teléfono: 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=459.
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:
No epígrafe asunto: nome do concurso.
Nome da empresa.
Nº de teléfono.
8.2. Información.
Teléfono: 981 54 17 49.
9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9.3. Lugar de presentación.
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de execución de obra de restauración de cuberta vexetal nos montes: Costa da Pena e outros, concello de Antas de Ulla; Río de Bangos e outros, concello da Fonsagrada ou execución de obra de repoboación forestal nos concellos de Becerreá e Cervantes, A Fonsagrada e Baleira, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional e clasificación, no caso de ser esixidas, referencia do concurso no que se presenta documentación xeral.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.
b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2001.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente