Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da execución da obra de restauración da cuberta vexetal e control da erosión mediante repoboación, tratamentos silvícolas en 122,9 ha e mellora de infraestructuras do monte Costa da Pena e outros, pertencente ó concello de Antas de Ulla (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: restauración da cuberta vexetal e control da erosión mediante repoboación, tratamentos silvícolas en 122,9 ha e mellora de infraestructuras do monte Costa da Pena e outros pertencente ó concello de Antas de Ulla (Lugo).

2.2. Prazo de execución: doce (12) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta millóns catrocentas sesenta e oito mil novecentas cincuenta e cinco (30.468.955) pesetas, IVE incluído (183.122,11 euros).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación: seiscentas nove mil trescentas setenta e nove (609.379) pesetas (3.662,44 euros).

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: un millón duascentas dezaoito mil setecentas cincuenta e oito (1.218.758) pesetas (7.324,88 euros).

7. Clasificación: grupo K, subgrupo 6, categoría C.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións na copistería Copynino, sita na rúa Xeneral Pardiñas nº 2 de Santiago de Compostela (teléfono: 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=458.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:.

No epígrafe asunto: nome do concurso.

Nome da empresa.

Nº de teléfono.

8.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de execución de obra de restauración de cuberta vexetal nos montes: Costa da Pena e outros, concello de Antas de Ulla; Río de Bangos e outros, concello da Fonsagrada ou execución de obra de repoboación forestal nos concellos de Becerreá e Cervantes, A Fonsagrada e Baleira, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles, producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional e clasificación, no caso de ser esixidas, referencia do concurso no que se presenta documentación xeral.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2001.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente