Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.025

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2001 pola que se convocan cursos en colaboración co Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Dentro do programa de actividades da EGAP para o 2001, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse, en colaboración co Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, os cursos que figuran

no anexo I, que deberán desenvolverse segundo as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

As solicitudes de admisión para o curso, segundo o modelo que figura no anexo II, dirixiranse ó director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, rúa dos Irmandiños s/n-Salgueiriños, 15704 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral do instituto, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de xullo.

Terceira.-Selección.

Os criterios de selección axustaranse ós especificados para cada curso no anexo I; ademais, procurarase un reparto territorial equilibrado, de maneira que asista persoal das catro delegacións provinciais e dos servicios centrais.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Cuarta.-Modificacións.

Os órganos convocantes reservan para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento dos cursos, así como a de cancelalos se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Quinta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nos cursos.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa nos cursos, coa perda de tódolos dereitos.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Curso: Xestión técnico-económica de explotacións.

1. Obxectivos.

Darlles unha formación axeitada ós técnicos de xestión de explotacións para mellora-la calidade do asesoramento ás explotacións.

2. Destinatarios.

Veterinarios, enxeñeiros agrónomos ou enxeñeiros técnicos agrícolas.

3. Criterios de selección.

Terán preferencia os técnicos de entidades que realicen programas de xestión empresarial de explotacións e programas de mellora da calidade do leite, auxiliados con fondos públicos.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 32 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, salón de actos, os días 17, 18, 24 e 25 de setembro de 2001.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 110.

5. Contido.

Xestión de explotacións de vacún de leite. Integración da política ambiental no manexo da explotación. Custos de producción. Aplicación informática de xestión.

Curso: Programas de mellora da calidade do leite.

1. Obxectivos.

Darlles unha formación axeitada ós técnicos asesores co fin de establecer e desenvolver programas de mellora da calidade do leite, tratamento e prevención de mamite en explotacións reguladas polo R.D. 1563/1998.

2. Destinatarios.

Veterinarios, enxeñeiros agrónomos ou enxeñeiros técnicos agrícolas.

3. Criterios de selección.

Terán preferencia os técnicos de entidades que realicen programas de mellora da calidade do leite ou de xestión técnico-económica de explotacións.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 16 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, salón de actos, os días 1 e 2 de outubro de 2001.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 150.

5. Contido.

Elaboración, execución e control de programas de mellora da calidade do leite. Establecemento de protocolos de actuación en grupos de explotacións. Producción ecolóxica. Seguridade alimentaria aplicada á producción do leite.

Curso: O organismo pagador. O sistema integrado de xestión e control.

1. Obxectivos.

Que os xestores dos fondos FEOGA-Garantía coñezan tódalas fases de tramitación dos expedientes con cargo ós ditos fondos, así como o sistema integrado

de xestión e control, de aplicación á maior parte das axudas do FEOGA-Garantía.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración autonómica, tanto de servicios centrais como periféricos, que interveñan nas distintas fases de tramitación de axudas con cargo ó FEOGA-Garantía.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal que interveña máis directamente na xestión das ditas axudas.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 42 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 5, 6, 12, 13, 19 e 20 de novembro de 2001.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 e das 16 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

O organismo pagador: antecedentes; situación actual: fases na xestión dos pagamentos, contas anuais. O organismo de coordinación; institucións e órganos comunitarios.

O sistema integrado de xestión e control: primas gandeiras; axudas por superficies; aplicación ás medidas de desenvolvemento rural.

Curso: Contabilización e pagamento de axudas e investimentos.

1. Obxectivos.

Que os xestores que tramiten documentos contables e propostas de pagamentos coñezan o sistema contable SIC'2/FEOGA-Garantía, as utilidades del e o xeito de ordena-los pagamentos a través das entidades financeiras colaboradoras.

2. Destinatarios.

Persoal do Ilgga que tramite documentos contables e propostas de pagamento.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal que tramite propostas de pagamentos e documentos contables.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 14 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 26 e 27 xaneiro de 2002.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 e das 16 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

O orzamento do Ilgga: ingresos/gastos. Dobre elaboración de orzamentos. A contabilidade SIC'2 e a súa relación coa contabilidade de pagamentos/dereitos FEOGA-Garantía e co XUMCO. A ordenación dos pagamentos e a transmisión telemática dos ficheiros.