Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 7.993

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 11 de xuño de 2001 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-lo servicio sanitario público prestado polo persoal dos centros dependentes das xerencias de atención primaria, nos complexos hospitalarios e hospitais dependentes do Sergas, nas fundacións públicas sanitarias da Comunidade Autónoma, outros centros privados que prestan asistencia sanitaria á poboación vinculada ó Sergas (Hospital Juan Cardona, Centro Oncolóxico de Galicia, Povisa e Hospital da Cruz Vermella de Vigo), e outras institucións sanitarias privadas, durante a folga convocada polas organizacións sindicais, Confederación Intersindical Galega (CIG) e Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia), que se levará a efecto desde as 22:00 horas do día 14 ás 22:00 horas do día 15 de xuño de 2001.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1998, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia santaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servicios esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

Convocada folga que afecta ó persoal das institucións sanitarias públicas e privadas coa prestación de servicios esenciais derivados da asistencia sanitaria, desde as 22:00 horas do día 14 de xuño ás 22:00 horas do día 15 de xuño de 2001, oído o comité de folga, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-A folga convocada desde as 22:00 horas do día 14 de xuño de 2001, ás 22:00 horas do día 15 de xuño, que afectará ó persoal dos centros Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, C.H. Juan Canalejo, C.H. Arquitecto Marcide, Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Fundación Pública Hospital da Barbanza, Instituto Galego de Medicina Técnica, Hospital Xeral Juan Cardona, Centro de Transfusión de Galicia, Centro Oncóloxico de Galicia, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, F.P. Hospital Virxe da Xunqueira, F.P. Hospital do Salnés, C.H. Xeral-Calde, Hospital Comarcal de Monforte, Hospital Comarcal da Costa (Burela), Xerencia de Atención Primaria de Lugo, C.H. de Ourense, Hospital do Barco, Xerencia de Atención Primaria de Ourense, F.P. Hospital de Verín, Hospital do Meixoeiro, C.H. de Pontevedra, C.H. Xeral Cíes, Hospital Nicolás Peña, Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área norte e área sur),

Hospital da Cruz Vermella de Vigo e Povisa, e demais centros e institucións sanitarias privadas da Comunidade Autónoma de Galicia, enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos segundo os criterios que se dipoñen nesta orde.

Os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios esenciais de asistencia sanitaria nos centros sanitarios, en evitación de que se produzan graves prexuízos ós usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga, coa atención ós usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

E por iso, mantéñense os servicios mínimos necesarios para garanti-la asistencia imprescindible a doentes hospitalizados, así como a atención urxente e permanente ós usuarios, que non poden aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

Entrando na análise pormenorizada dos servicios mínimos, poden establecerse os seguintes criterios rectores na determinación do persoal necesario para o mantemento dos servicios esenciais:

I. Servicios mínimos que garantan o persoal necesario para a cobertura da atención urxente e permanente e as emerxencias do 061 (anexo I).

II. No Centro de Transfusións de Galicia os servicios necesarios para o mantemento do abastecemento sanguíneo en toda a Comunidade Autónoma (anexo II).

III. Nas institucións sanitarias públicas e privadas autorizadas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais para a prestación de asistencia sanitaria, os criterios de determinación do persoal para a cobertura dos servicios mínimos será a seguinte:

A. Persoal facultativo dependente de atención especializada:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente nun triple ámbito:

-Servicios de urxencias e gardas médicas.

-Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos usuarios que requiran intervención cirúrxica inaprazable no seu ingreso.

-Atención ós paritorios.

II. Cobertura da actividade cirúrxica dos doentes hospitalizados, respecto dass patoloxías que poñan en perigo a vida deles ou agraven o seu estado de saúde.

III. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garanti-las visitas médicas, a atención indefectible dos doentes hospitalizados e as altas clínicas.

IV. No ámbito de consulta atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, así como as interconsultas dos doentes hospitalizados que o requiran, a criterio do facultativo. Así mesmo atenderanse as consultas dos doentes desprazados.

V. Garantirase, asimesmo, a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiren ós doentes hospitalizados que, a criterio do facultativo, sexan necesarias.

B. Persoal facultativo dependente das xerencias de atención primaria:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente.

II. Os servicios mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención prestarán asistencia urxente ou inaprazable desa unidade calquera que sexa a modalidade da prestación. A determinación dos efectivos realizarase con base nos tramos seguintes:

-En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

-En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

-En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.

-En centros con máis de 13 profesionais: 4 efectivos.

C. Persoal sanitario non facultativo de atención especializada:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente nun triple ámbito:

-Servicios de urxencias.

-Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos usuarios que requiran intervención cirúrxica inaprazable no ingreso.

-Atención ós paritorios.

II. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garanti-los coidados dos doentes hospitalizados, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

III. No ámbito de consultas estableceranse mínimos nun dobre ámbito:

-Apoio á atención das consultas especializadas consideradas como urxentes ou preferentes.

IV. No ámbito dos servicios centrais, garantirase a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós doentes hospitalizados que, a criterio do facultativo, sexan necesarios.

V. Unidades especiais: o número necesario para garanti-lo coidado dos doentes.

D. Persoal sanitario non facultativo dependentes das xerencias de atención primaria:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente.

II. Os servicios mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención prestarán asistencia urxente ou inaprazable desa unidade calquera que sexa a modalidade da prestación. A determinación dos efectivos realizarase en base nos tramos siguintes:

-En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

-En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

-En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.

-En centros con máis de 13 profesionais: 4 efectivos.

E. Persoal non sanitario de atención especializada e atención primaria:

I. Urxencias: o 100% do persoal non sanitario.

II. Área de hospitalización: un número de efectivos equivalente ó de domingos ou festivos.

III. Servicio de admisión de atención primaria:

-En centros con catro ou menos facultativos: 1 efectivo.

-En centros con cinco a oito facultativos: 2 efectivos.

-En centros con nove a doce facultativos: 3 efectivos.

-En centros con máis de 13 facultativos: 4 efectivos.

Servicio de admisión e arquivo de atención especializada: un número equivalente ó de domingos ou festivos.

IV. Cita previa: un número de efectivos que garantan a atención ó doente que o requira, cun mínimo dun efectivo por centro e ata un máximo do 50% dos efectivos en cada quenda.

V. Atención ó doente: un número de efectivos que garantan a atención ó doente que o requira, cun mínimo dun por cento e ata un máximo do 50% dos efectivos en cada quenda.

VI. Servicios de mantemento: un número equivalente ós domingos ou festivos.

VII. Servicio de lavandería e lencería: ata o 50% dos efectivos en cada quenda.

VIII. Limpeza: ata o 50% dos efectivos en cada quenda.

IX. Hostalería: un número mínimo igual ós domingos ou festivos, ou ben un 60% dos efectivos en cada quenda, en función do tamaño das prestacións dependentes de hostalería en cada centro.

Coa finalidade de garanti-lo adecuado mantemento do servicio, servirase, con carácter xeral, un único menú ós doentes que non requiran dieta médica especial.

X. Conductores: o mesmo número de efectivos que os domingos ou festivos, cun mínimo, en todo caso, dun efectivo.

XI. Servicios administrativos:

-Información: o número de profesionais necesarios para garanti-la debida información ós pacientes.

-Persoal: o número imprescindible para garanti-las incidencias e xestións derivadas da folga e como máximo ata o 40% dos efectivos en cada quenda.

-Subministracións: o número imprescindible para garanti-los pedidos urxentes e ata un máximo do 25% dos efectivos en cada quenda.

-Almacén: un número imprescindible para a xestión do almacén e ata un máximo do 25% dos efectivos en cada quenda.

-Contabilidade: un número imprescindible para as xestións urxentes e ata un 25% dos efectivos en cada quenda.

XII. Outras áreas de traballo ou servicios: establecerase, con carácter xeral, un número equivalente ós domingos ou festivos.

A determinación dos profesionais necesarios farase en cada centro por categoría profesional e a súa fixación debe estar adecuadamente motivada. A xustificación debe constar no expediente de determinación de mínimos de cada centro e debe exteriorizarse adecuadamente para xeral coñecemento dos destinatarios. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios dos cales a súa ponderación conduce a determina-las prestacións mínimas.

Os profesionais necesarios para a cobertura dos servicios mínimos deberán ser publicados nos taboleiros de anuncios de cada centro, alomenos con 48 horas de antelación á data da folga.

Con tales premisas determínase, no anexo III desta resolución, por grupos profesionais e institucións sanitarias públicas ou privadas con poboación vinculada, o número de servicios mínimos.

Artigo 2º.-A designación nominal, que deberá recaer nos profesionais de xeito rotatorio, será determinada polo director-xerente do centro e notificada ós profesionais designados.

O profesional designado que desexe exerce-lo seu dereito de folga poderá insta-la substitución da súa designación por outro profesional que voluntariamente acepte o cambio de maneira expresa.

Artigo 3º.-Os prazos e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos determinados no anexo, así como os expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro, serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo).

Artigo 4º.-O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º.-Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Artigo 6º.-As empresas privadas autorizadas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais que prestan servicios no ámbito da sanidade de Galicia deberán fixa-lo persoal necesario para garanti-la prestación de recoñecida e inaprazable necesidade de acordo cos criterios e demais disposicións determinadas nesta orde para os servicios que prestan asistencia no ámbito de cobertura da administración.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2001.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Fundación Pública Urxencias Sanitarias

de Galicia-061

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias (1*)12+1(1*)13+1(1*)9

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias997

-Persoal non sanitario
Servicios centrais3
Outros (2*)7+3 (2*)8+3 (2*)6
Outros (3*)196196194

1(*) Un traballador máis da quenda de mañá prestará os seus servicios de 10:00 a 18:00 e un traballador máis da quenda de tarde prestará os seus servicios de 18:00 a 01:00.

2(*) Persoal indirecto da Central de Coordinación (telemárketing). Tres traballadores máis da quenda de mañá prestarán os seus servicios de 10:00 a 18:00, e tres traballadores máis da quenda de tarde prestará os seus servicios de 18:00 a 00:00 horas.

3(*) Persoal indirecto das bases (técnicos de transporte sanitario e pilotos). Suman un total de 392 persoas: nas 97 ambulancias hai 2 quendas de 2 persoas cada unha, total 388; nos 2 helicópteros hai 2 persoas en cada un, total 4 persoas.

ANEXO II

Fundación Centro de Transfusións de Galicia

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Responsables área2
Hemodoazón1014

-Persoal sanitario non facultativo
Control Calidade11
HLA21
Criobioloxía11
Procesamento31
Fraccionamento44
Hemodoazón1931

-Persoal non sanitario
Administración8
Promoción2
Hemodoazón49

ANEXO III

Provincia da Coruña

Centro: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias844
Área cirúrxica562425
Área clínica632825
Servicios centrais1488

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias141512
Área cirúrxica62139
Área hospitalaria17512696
Servicios centrais742912
Consultas569
Unidades especiais726243

-Persoal non sanitario
Urxencias131116
Área cirúrxica1232
Área hospitalaria422738
Servicios centrais332
Outros122609

Centro: Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias786
Área cirúrxica403333
Área clínica753737
Servicios centrais251111

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias323123
Área cirúrxica792912
Área hospitalaria164127102
Servicios centrais531910
Consultas620
Unidades especiais846657

-Persoal non sanitario
Urxencias151410
Área cirúrxica1272
Área hospitalaria231711
Servicios centrais133837
Outros2220

Centro: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias242
Área cirúrxica5185
Área clínica4145
Servicios centrais272

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias555
Área cirúrxica333
Área hospitalaria305438
Servicios centrais7358
Consultas0102
Unidades especiais476

-Persoal non sanitario
Urxencias843
Área cirúrxica22
Área hospitalaria44
Servicios centrais65828

Centro: Fundación Pública Hospital da Barbanza.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias332
Área cirúrxica444
Área clínica332
Servicios centrais444

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias5+15+14
Área cirúrxica333
Área hospitalaria1387
Servicios centrais2+122
Consultas210
Unidades especiais550

-Persoal non sanitario
Urxencias111
Outros520

Centro: Hospital Xeral Juan Cardona.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias111
Área cirúrxica444
Área clínica332
Servicios centrais222

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias333
Área cirúrxica222
Área hospitalaria323214
Servicios centrais222
Unidades especiais66

-Persoal non sanitario
Urxencias1
Área cirúrxica1
Área hospitalaria921
Servicios centrais17141
Outros53

Centro: Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias321
Área cirúrxica104*4*
Área clínica6(1+1*)2(1+1*)2
Servicios centrais111*

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias(6+1*)7(4+1*)5(2+1*)3
Área cirúrxica55(1+3*)4
Área hospitalaria984
Servicios centrais322*
Consultas22
Unidades especiais111

-Persoal non sanitario
Urxencias1
Área hospitalaria1
Servicios centrais(8+1*)9(2+1*)3(1+1*)2
Outros **1010(2+1*)3

* Localizados.

** Empresas externas.

Centro: Centro Oncolóxico de Galicia.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias111
Área cirúrxica110
Área clínica210
Servicios centrais400

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias000
Área cirúrxica100
Área hospitalaria443
Servicios centrais621
Consultas210
Unidades especiais420

-Persoal non sanitario
Urxencias000
Área cirúrxica000
Área hospitalaria220
Servicios centrais1150
Outros100

Centro: Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo772723

Persoal sanitario non facultativo642620

Persoal non sanitario481212

Centro: Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo652411

Persoal sanitario non facultativo752210

Persoal non sanitario59204

Centro: Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Área da Coruña).

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo1505621

Persoal sanitario non facultativo1395516

Persoal non sanitario903914

Centro: Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo-Área clínica3

Persoal non sanitario-Área

hospitalización

2

Provincia de Lugo

Centro: Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias765
Área cirúrxica251313
Área clínica3899
Servicios centrais2887

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias10108
Área cirúrxica666
Área hospitalaria886849
Servicios centrais43178
Consultas31
Unidades especiais603627

-Persoal non sanitario
Urxencias778
Área cirúrxica21
Área hospitalaria19157
Servicios centrais430
Outros*70446

Centro: Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias171717
Área cirúrxica11
Área clínica6
Servicios centrais4

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias333
Área cirúrxica744
Área hospitalaria101010
Servicios centrais844
Consultas1000
Unidades especiais210

-Persoal non sanitario
Urxencias222
Área cirúrxica110
Área hospitalaria211
Servicios centrais500
Outros1592

Centro: Hospital da Costa de Burela.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias332
Área cirúrxica111111
Área clínica622
Servicios centrais822

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias553
Área cirúrxica732
Área hospitalaria171511
Servicios centrais832
Consultas900
Unidades especiais777

-Persoal non sanitario
Urxencias333
Área cirúrxica
Área hospitalaria53
Servicios centrais3
Outros21102

Centro: Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo2384239

Persoal sanitario non facultativo1374036

Persoal non sanitario1021515

Provincia de Ourense

Centro: Complexo Hospitalario de Ourense.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo11839+10

localizadas

33+12

localizadas

Urxencias964
Área cirúrxica3814+6 localizadas14+6 localizadas
Área clínica4814+2 localizadas11+3 localizadas
Servicios centrais235+2 localizadas4+3 localizadas

-Persoal sanitario non facultativo294187139
Urxencias141413
Área cirúrxica271916
Área hospitalaria14610679
Servicios centrais55198
Consultas221-
Unidades especiais302823

-Persoal non sanitario23010443
Urxencias172020
Área cirúrxica3433
Área hospitalaria33117
Servicios centrais43153
Outros1035510

Centro: Hospital do Barco de Valdeorras.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias222
Área cirúrxica844
Área clínica544
Servicios centrais443

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias222
Área cirúrxica444
Área hospitalaria12127
Servicios centrais763
Consultas700
Unidades especiais422

-Persoal non sanitario
Urxencias322
Área cirúrxica110
Área hospitalaria421
Servicios centrais2281

Centro: Xerencia de Atención Primaria de Ourense.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

* Persoaal facultativo1203526

* Persoal sanitario non facultativo1542519

* Persoal non sanitario782015

(*) Os mínimos refírense ó persoal asignado desde as 0:00 horas ata as 8:00, e das 22:00 ata as 24:00 horas, sen que corresponda á mesma persoa.

Centro: Fundación Hospital Verín.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias221
Área cirúrxica744
Área clínica622
Servicios centrais322

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias321
Área cirúrxica422
Área hospitalaria884
Servicios centrais432
Consultas22

-Persoal non sanitario
Servicios centrais1
Outros101

Provincia de Pontevedra

Centro: Hospital do Meixoeiro.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias100%100%100%
Área cirúrxica19**
Área clínica16**
Servicios centrais22**

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias776
Área cirúrxica1663
Área hospitalaria474731
Servicios centrais57126
Consultas14--
Unidades especiais888

-Persoal non sanitario
Urxencias675
Área cirúrxica321
Área hospitalaria1274
Servicios centrais153
Outros51+16**29+16**2

* Naqueles servicios nos que se realizan gardas médicas a cobertura será do 100%.

** Persoal de cociña: 2 cociñeiros/as, 4 ax. de cocina e 10 camareiros/as.

Centro: Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias73Gardas
Área cirúrxica32GardasGardas
Área clínica29GardasGardas
Servicios centrais19GardasGardas

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias161611
Área cirúrxica463529
Área hospitalaria503734
Servicios centrais402315
Consultas000
Unidades especiais19179

-Persoal non sanitario
Urxencias696
Área cirúrxica441
Área hospitalaria22207
Servicios centrais430
Outros55328

Persoal empresas concertadas:

Limpeza:

Mañá: 53.

Noite: 2.

Cociña:

Mañá: 13.

Tarde: 10.

Centro: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Urxencias532
Área cirúrxica31Persoal de gardaPersoal de garda
Área clínica36Persoal de gardaPersoal de garda
Servicios centrais23Persoal de gardaPersoal de garda

-Persoal sanitario non facultativo
Urxencias201916
Área cirúrxica21126
Área hospitalaria1078364
Servicios centrais74226
Consultas412-
Unidades especiais392919

-Persoal non sanitario
Urxencias9117
Área cirúrxica632
Servicios centrais31-
Outros1287913

Centro: Hospital Nicolás Peña.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Área clínica311
Servicios centrais400

-Persoal sanitario non facultativo
Área hospitalaria1599
Servicios centrais300
Unidades especiais

(p.g.d.p.c.mama)

100

-Persoal non sanitario
Área hospitalaria211
Servicios centrais100
Outros (administración/re-

cepción/p.g.d.p.c.mama)

801

Centro: Fundación Pública Hospital do Salnés.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Área cirúrxica5
Servicios centrais1

-Persoal sanitario non facultativo
Servicios centrais1
Consultas1

-Persoal non sanitario
Servicios centrais1
Outros2

Centro: Hospital da Cruz Vermella de Vigo.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

-Persoal facultativo
Área clínica221

-Persoal sanitario non facultativo
Área hospitalaria764
Servicios centrais
Unidades especiais55

-Persoal non sanitario
Servicios centrais105

Centro: Xerencia Atención Primaria Pontevedra-Vigo-Área Pontevedra.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo813426

Persoal sanitario non facultativo673023

Persoal non sanitario581810

Centro: Xerencia Atención Primaria Vigo.

Categoría/servicioNúmero de efectivos de servicios mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo633819

Persoal sanitario non facultativo582713

Persoal non sanitario692814

Centro: Policlínico Vigo, S.A. (Povisa)-Vigo (Pontevedra).

-Servicios de hostalería:

Cafetería: sen servicios mínimos.

Autoservicio: sen servicios mínimos.

Almacén: un almaceneiro.

Cociña: persoal de domingos.

Limpeza: persoal de domingos.

Limpeza Nefroloxía: persoal habitual.

Limpeza Urxencias-UCO: persoal habitual.

Limpeza UVI: persoal habitual.

Limpeza Clínica de día: persoal habitual.

Limpeza Quirófano: persoal habitual.

Camareiras: persoal de domingos.

Lencería: sen servicios mínimos.

-Enfermería:

Plantas de hospitalización: persoal dos domingos.

Nefroloxía: persoal habitual.

Hospital de Día de Quimioterapias: persoal habitual.

Consultas ambulatorias: 50% do persoal habitual.

Quirófano e post-operatorio: persoal habitual.

Matronas: persoal habitual.

Urxencias-UCO: persoal habitual.

UVI: persoal habitual.

Clínica Colón: sen servicios mínimos.

Queimados: persoal habitual.

Servicios de Cangas: sen servicios mínimos.

HADO: persoal habitual.

Clínica de día: persoal habitual.

-Servicios centrais:

Laboratorio: persoal de sábados.

Bacterioloxía: sen servicios mínimos.

Anatomía patolóxica: un técnico.

Farmacia: unha enfermeira en quimio e unha auxiliar.

Rehabilitación: persoal de domingos.

Logopedia: sen servicios mínimos.

Radioloxía general: persoal de domingos.

Mamografías: un técnico mañá e tarde.

Ecografías: sen servicios mínimos.

TAC: un técnico mañá e tarde.

RMN: un técnico mañá e tarde.

Radioterapia: persoal habitual.

Medicina nuclear: persoal habitual.

-Administrativos:

Administración: sen servicios mínimos.

Persoal: dous administrativos.

Compras: sen servicios mínimos.

Citas telefónicas: sen servicios mínimos.

Secretaría clínica: sen servicios mínimos.

Arquivo: dous administrativos de mañá e tarde.

UCAS: un administrativo de mañá e tarde.

1ª planta: dous administrativos de mañá e un de tarde.

Policlínica interior: un administrativo de mañá e tarde.

2ª planta: un administrativo de mañá e tarde.

Recepción central: un administrativo de mañá e tarde e unha quenda partida.

Dirección xeral: un administrativo.

Laboratorio: sen servicios mínimos.

Raios: un administrativo de mañá.

Biblioteca: sen servicios mínimos.

-Servicios xerais:

Mantemento: persoal de domingos.

Control de visitas: persoal de domingos.

Telefonistas: persoal de domingos.

Informática: un informático a quenda partida.

Microinformática: un microinformático a quenda partida.

Ordenanzas: sen servicios mínimos.

-Servicios médicos:

Plantas de hospitalización: persoal de sábados.

Nefroloxía: persoal habitual.

Consultas ambulatorias: 50% do persoal habitual.

Quirófano e post-operatorio: persoal habitual.

Urxencias-UCO: persoal habitual.

UVI: persoal habitual.

Queimados: persoal habitual.

HADO: persoal habitual.

Clínica de día: persoal habitual.

Laboratorio: persoal de sábados.

Anatomía patolóxica: persoal de sábados.

Farmacia: persoal de sábados.

Radioloxía xeral: persoal de sábados.

Radioterapia: persoal habitual.

Medicina nuclear: persoal habitual.

(Estes servicios foron pactados co comité de empresa do centro).

Vigo, Ourense e Santiago de Compostela

Medtec, S.A.

ServiciosNoite 14 de xuñoMañá 15 de xuñoTarde 15 de xuño

Cardioloxía intervencionista1 médico localizado1 médico1 médico localizado

1 ATS localizado2 ATS1 ATS localizado

1 auxiliar de clínica localizado1 auxiliar de clínica1 auxiliar de clínica localizado

1 administrativo

1 auxiliar sanitario

Cirurxía cardíaca (quirófano)2 cirurxiáns localizados2 cirurxiáns2 cirurxiáns localizados

1 anestesista localizado1 anestesista1 anestesista localizado

1 ATS instrumentista localizado1 ATS instrumentista1 ATS instrumentista localizado

1 ATS perfusionista localizado1 ATS perfusionista1 ATS perfusionista localizado

1 auxiliar de clínica localizado1 auxiliar de clínica1 auxiliar de clínica localizado

1 auxiliar sanitario localizado1 auxiliar sanitario1 auxiliar sanitario localizado

1 administrativo

1 coordinador ATS

Reanimación2 ATS2 ATS2 ATS

2 auxiliares de clínica2 auxiliares de clínica2 auxiliares de clínica

1 auxiliar sanitario1 auxiliar sanitario

Diagnóstico por imaxe1 médico localizado2 médicos1 médico

1 técnico localizado2 técnicos2 técnicos

1 administrativo1 administrativo

1 auxiliar sanitario1 auxiliar sanitario

ServiciosNoite 14 de xuñoMañá 15 de xuñoTarde 15 de xuño

Medicina nuclear1 médico localizado1 médico

1 técnico

1 ATS

1 administrativo

1 auxiliar sanitario

Medicina nuclear. Ourense1 médico

1 técnico

1 ATS

1 administrativo

1 auxiliar sanitario

Radiofísica2 físicos1 físico

2 técnicos

1 administrativo

Radioterapia1 médico3 médicos2 médicos

1 técnico (tc)1 técnico (tc)

3 técnicos (aceleradores)3 técnicos (aceleradores)3 técnicos (aceleradores)

1 ATS (aceleradores)1 ATS (aceleradores)1 ATS (aceleradores)

1 administrativo1 administrativo

1 auxiliar sanitario1 auxiliar sanitario1 auxiliar sanitario

Estructura admi-

nistrativa (vigo)

1 administrativo (recepción)1 administrativo (recepción)

1 administrativo (apoio)1 administrativo (apoio)