En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte (20)días, o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Primeiro.-Someter a información pública, o estudio de estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico nos ríos Soldón e Vilarmel, Salto de Val da Cova.
Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.
* Concellos de Quiroga e Folgoso do Courel.
Terceiro.-As alegacións formularanse formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte día a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2001.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental