Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 13 de xuño de 2001 Páx. 7.925

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2001 pola que se corrixen erros da do 9 de marzo de 2001, pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de auxiliares técnicos de servicios xerais, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Padecido erro na resolución da Universidade de Vigo do 9 de marzo de 2001 (DOG nº 60, do 26

de marzo), pola que se convocaron probas selectivas para a provisión de doce prazas de auxiliares técnicos de servicios xerais, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade, este rectorado

RESOLVEU:

Primeiro.-Corrixi-la base 2.2, que quedaría redactada como segue:

«2.2. Os aspirantes que concorran ás probas selectivas pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

a) Pertencer ó cadro de persoal laboral fixo das universidades de Santiago de Compostela e Vigo.

b) Pertencer a categoría profesional distinta á das prazas convocadas nesta convocatoria».

Segundo.-Abrir un novo prazo de presentación de solicitudes de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os aspirantes que presentasen anteriormente a súa solicitude non terán a obriga de facelo novamente, rexéndose a súa situación conforme a relación provisional de admitidos e excluídos, publicada o 9 de maio de 2001 (DOG nº 89).

Terceiro.-Os aspirantes que xa presentasen solicitude de participación poderán completar, no seu interese, a documentación xustificativa tanto dos requisitos esixidos na convocatoria como das certificacións presentadas e referidas á data de remate do novo prazo que se outorga no punto segundo desta resolución.

As certificacións dos servicios prestados na Universidade de Vigo serán expedidas de oficio a tódolos aspirantes definitivamente admitidos, polo Servicio de Xestión de Persoal, e remitidas ós interesados e ó presidente do tribunal, simultaneamente.

Cuarto.-Os dereitos de exame serán reintegrados de oficio ós aspirantes definitivamente excluídos da realización das probas selectivas que cubrisen os datos bancarios para face-la devolución. Igualmente, devolveranse ós aspirantes que, resultando provisionalmente admitidos, o insten dentro do novo prazo de presentación de solicitudes.

Vigo, 29 de maio de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo