Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto de subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, para a adquisición de equipamento de moblaxe xeral e audiovisuais con destino a diversos hospitais da Comunidade Autónoma galega. (SCS.-29/2001) (15 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde-Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (División de Recursos Económicos); edificio administrativo San Caetano, bloque 2, planta 2ª en Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 27 67 54 27 68. Fax 981 54 27 62. Dirección da Internet: www.sergas.es.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia.

3. a) Lugar da entrega da subministración: diversos hospitais da Comunidade Autónoma galega. (15 lotes).

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: adquisición de equipamento de moblaxe xeral e audiovisuais. (15 lotes).

Orzaqmento total: cento cincuenta e cinco millons seiscentas oitenta e nove mil novecentas pesetas, con IVE incluído (155.689.900 pesetas, con IVE incluído). (935.715,14 euros).

Lote nº 1: mesas e armarios: 72.545.000 pesetas (436.004,23 euros).

Lote nº 2: cadeiras: 21.835.000 pesetas (131.230,99 euros).

Lote nº 3: accesorios: 1.895.000 pesetas (11.389,18 euros).

Lote nº 4: mesas e armarios dirección: 14.650.000 pesetas (88.048,27 euros).

Lote nº 5: cadeiras dirección: 7.880.000 pesetas (47.359,75 euros).

Lote nº 6: salas estar xerencia e dirección: 945.000 pesetas (5.679,56 euros).

Lote nº 7: mesas e armarios xerencia: 1.360.000 pesetas (8.173,76 euros).

Lote nº 8: cadeiras xerencia: 600.000 pesetas (3.606,07 euros).

Lote nº 9: audiovisuais: 2.980.000 pesetas (17.910,16 euros).

Lote nº 10: salón de actos: 15.500.000 pesetas (93.156,88 euros).

Lote nº 11: cadeiras para aulas: 2.940.000 pesetas (17.669,76 euros).

Lote nº 12: salas estar e espera: 6.345.000 pesetas (38.134,22 euros).

Lote nº 13: accesorios para salas comúns: 440.000 pesetas (2.644,45 euros).

Lote nº 14: dotación dormitorios: 1.440.000 pesetas (8.654,57 euros).

Lote nº 15: vestiarios e almacén: 4.334.900 pesetas (26.053,27 euros).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes) proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

Solvencia económica, financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

4. Prazo de entrega: desde a petición: 30 días.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 19 de xuño de 2001.

6) a) Data límite de recepción das ofertas: 26 de xuño de 2001.

b) Enderezo ó que deben dirixirxe: ver punto 1.

c) Ligua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas: provisional: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata o 31 de decembro de 2001.

13. Criterios que seguirán para adxudica-lo contrato: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: admítense variantes.

15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

16. Data da publicación no Diario Oficial das Comunidades Autónomas Europeas do anuncio da información previa: 21 de xullo de 2000.

17. Data de envío do anuncio: 21 de maio de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado OPOCE).

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos