1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax 981 54 27 62, 15781 Santiago de Compostela.
2. Categoría do servicio e descrición: un servicio de mantemento do correctivo e evolutivo das aplicacións e soporte ós usuarios dos sistemas de información orientados ó ámbito da inspección sanitaria que se atopan en explotación tanto en servicios centrais como nas unidades periféricas do Servicio Galego de Saúde.
-Orzamento total: noventa e dous millóns de pesetas (92.000.000 de depesetas), equivalentes a 552.931,14 euros.
3. Lugar de execución: nos locais do Servicio Galego de Saúde.
4. Requisitos específicos do contratista:
Clasificación esixida: grupo III, subgrupo: 3, categoría: B.
5. Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: pola totalidade.
6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: dous anos desde a sinatura do contrato.
8. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: en (vid supra, punto 1).
b) Data límite para efectuar esta solicitude: 28 de xuño de 2001.
9. a) Data límite de recepción das ofertas: 5 de xullo de 2001.
b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sito en (vid supra, punto 1).
c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.
d) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
e) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano ( 2º piso , ático ala norte) a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contados desde a data de finalización do prazo de recepción de ofertas.
10. Garantías esixidas: garantía provisional do 2% do orzamento de licitación.
11. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: para aboar en conta logo da presentación de facturas mensuais.
12. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.
13. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reunir-lo prestador de servicios: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposiciones económicas.
15. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver apartado 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
16. Información complementaria: en (vid supra, punto 1).
17. Data de envío do anuncio: 14 de maio de 2001.
18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.
19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2001.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos
Económicos