Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente P-203/2000, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º, 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguiente ó desta publicación poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8 de xaneiro de 1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán faci

litados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

Lugo, 9 de abril de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente nº: P-203/2000.

Denunciado: Carlos Díaz Real.

DNI: 33.813.924.

Enderezo: r/ San Roque, nº 189-Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial con cana, con cebo ou modalidade de pesca non autorizado (cebo composto de tres plumas e boia lastrada no seu interior con chumbo, polo que o aparello descrito arrastra polo fondo), infrinxindo o disposto no artigo 7 da Orde do 20 de xaneiro do 2000, pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais da CC.AA. de Galicia. Feitos constatados o día 28-6-2000, ás 17.40 h no río Miño, marxe esquerda-lugar de Sta. Isabel-Outeiro de Rei-Lugo.

Precepto sancionador: artigo 33.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa.