Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.655

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño do 2001, dos tribunais designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 14 de xuño), pola que se anulan tres preguntas da primeira proba (psicotécnica) do primeiro exercicio da fase de oposición e se corrixen erros no modelo de respostas da segunda proba.

En sesión conxunta celebrada o día 6 de xuño de 2001, os tribunais números 1, 2 e 3 adoptaron os seguintes acordos:

Detectados erros nas preguntas nº 33, 39 e 42 correspondentes á primeira proba (psicotécnica) do primeiro exercicio da fase de oposición que poderían condicionar de maneira importante as contestacións delas e para garantir que na dita proba se poñan de manifesto, en todo caso, as condicións de coñecemento e aptitude dos aspirantes, como esixe a normativa vixente, os ditos tribunais acordan declarar anuladas e ter como non postas as preguntas anteriormente indicadas.

Así mesmo procédese a corrixi-los erros detectados no modelo de corrección do test correspondente á segunda proba do mesmo exercicio, consistente en fixar como respostas correctas das preguntas nº 29 e 42 as respostas a) e d) respectivamente, en lugar das respostas b) e a) que figuraban inicialmente.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2001.

Loreto Díaz SánchezEduardo Suárez Campo

Presidenta do tribunal número 1Presidente do tribunal número 2

José Ricardo Díaz Presedo

Presidente do tribunal número 3