Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 08 de xuño de 2001 Páx. 7.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-2/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión do 25 de maio de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle presentado por Montouto Parque Breogán, S.A., para a ordenación de volumes, determinación de aliñacións e recuamentos das edificacións do cuarteirón 3 (parcelas 120 a 128 e 147 a 155) na urbanización Breogán, Feáns, coa seguinte condición:

Que antes da aprobación definitiva do estudio de detalle se presente escritura pública de agrupación das parcelas constituíndo unha soa de 18.726 m.

Segundo.-Proceder á exposición pública do documento, anunciándose así no DOG e nos xornais de maior circulación da provincia, para que no prazo dun mes poidan os interesados presenta-las alegacións oportunas.

Terceiro.-Notificar ó promotor, Montouto Parque Breogán, S.A.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na Avenida da Mariña, número 18, en horario laboral das 11.30 ás 13.30 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán por conta do seu promotor.

A Coruña, 31 de maio de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Conselleiro delegado de Urbanismo