Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 08 de xuño de 2001 Páx. 7.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPE-1/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión do 25 de maio de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación puntual do PEPRI da Cidade Vella e Pescadería, para o axuste de aliñacións interiores dos predios nº 30 e nº 26 da r/ Panaderas.

Segundo.-Exposición ó público polo prazo dun mes, anunciándose así no DOG e xornais de maior circulación da provincia, para efectos de presentación de alegacións polos interesados.

Terceiro.-Notificar ós propietarios das edificacións nº 30 e nº 26 da rúa Panaderas.

Cuarto.-Remiti-lo documento á Consellería de Cultura, para que emita o informe oportuno, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 8/1995.

Quinto.-Para os efectos do establecido no artigo 42.5º da LSG, proceder á súa remisión á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na Avenida da Mariña, número 18, en horario laboral das 11.30 ás 13.30 horas, de luns a venres.

A Coruña, 29 de maio de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Conselleiro delegado de Urbanismo