Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 08 de xuño de 2001 Páx. 7.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV, Tomeza-Lourizán, en Vilaboa e Pontevedra. (Expediente 223/2000 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con

nº de identificación fiscal A-82153834 e con enderezo para efectos de notificación na rúa García Barbón, nº 38, Vigo, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 3 de outubro de 2000, a citada empresa solicita, ante a Delegación Provincial de Pontevedra, a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, presentando o preceptivo proxecto de instalacións ás que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

L.A.T. a 220 kV, aérea, de simple circuíto, de 5.041 m de lonxitude total, con conductor tipo condor de aluminio-aceiro (LA-455), desde o apoio nº 11 da L.A.T. D.C. Tivo/Troncal-Tomeza, ata o apoio nº 30 da L.A.T. Tomeza-Lourizán, desde onde continúa en subterráneo 305 m de lonxitude, finalizando na subestación de Lourizán, en Pontevedra. A instalación está situada nos concellos de Vilaboa e Pontevedra.

Segundo.-A Delegación Provincial de Pontevedra someteu o citado proxecto de instalacións a trámite de información pública por Resolución do 6 de outubro de 2000, publicada no Diario Oficial de Galicia do 14 de novembro e no BOP de Pontevedra do 14-11-2000, así como na Delegación Provincial de Pontevedra.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, de se-lo caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se formularon alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial de Pontevedra.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real dec

dreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación co Real decreto 1995/2000, do 1 de dcecembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, xa citados, e o Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autoriza-la liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV, Tomeza-Lourizán, en Vilaboa e Pontevedra.

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria