Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 08 de xuño de 2001 Páx. 7.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación Gateira, no concello de Mondariz (provincia de Pontevedra), por parte de Ramiro Faro Boente e outro.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Ramiro Faro Boente e outro, con domicilio en r/ A Castiñeira, Ponteareas, presentou nesta delegación provincial, o día 6 de febreiro de 2001, instancia-solicitude de permiso de investigación Gateira de 4 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Mondariz, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2941 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 27' 20''42º 17' 00''

Vértice 28º 26' 40''42º 17' 00''

Vértice 38º 26' 40''42º 16' 20''

Vértice 48º 27' 20''42º 16' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 3 de maio de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra