Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.588

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 18 de maio de 2001 polo que se amplía en catro o número de bolsas dirixidas a licenciados universitarios que obteñan no ano 2001 unha estadía non remunerada nalgunha das institucións comunitarias.

Por anuncio do 9 de outubro de 2000, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 207, do 25 de outubro, convocáronse catro bolsas para a concesión de axudas económicas que financiasen a estadía non remunerada en institucións comunitarias ó longo do ano 2001, de licenciados ou titulados superiores que realizasen os seus estudios nalgunha das universidades galegas.

Tendo en conta o número de peticionarios que teñen cursadas as súas solicitudes e que satisfacían os requisitos de expediente académico e coñecemento de linguas, entre outros, admitidos polas diversas institucións comunitarias, considerando a existencia de remanentes orzamentarios e a concorrencia dos fins fundacionais, que aconsellan reforza-la presencia de titulados galegos no ámbito das entidades decisoras da Unión Europea, a Fundación Galicia-Europa amplía en catro bolsas adicionais as xa convocadas polo citado anuncio, mantendo inalterado o prazo xeral de presentación de novas solicitudes ata o 15 de setembro do ano 2001.

Os remanentes que pudieran restar logo da adxudicación das bolsas convocadas poderán ser aplicados ata o esgotamento do crédito orzamentario mediante a aprobación de mensualidades adicionais ou soltas, destas ou doutras solicitudes que non foran atendidas no seu día por compromisos adquiridos durante a xestión daquelas.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2001.

Jaime Pita Varela

Secretario xeral da Fundación Galicia-Europa