Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de compensación da UA Canteira (expediente 4268/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 3 de maio de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de compensación do polígono C-SU-UA-4-Canteira, redactado polo arquitecto Clemente Sequeiros Sestelo e visado polo COAG o 19-3-2001 e 22-3-2001 (expediente 4268/401).

Segundo.-Someter este expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días hábiles, mediante publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia e notificación individualizada ós directamente afectados.

De conformidade co establecido no artigo 133.8º, en relación co 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o devandito proxecto a exposición pública polo prazo de vinte días desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que se presenten cantas alegacións ou documentos se consideren convenientes.

O expediente atópase á disposición do público na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Vigo, 22 de maio de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo