Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 23 de abril de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle e delimitación da unidade de xestión número 18 (UX-18), de Volta do Castro, promovidos por Andrés Ruanova Fraga, adoptando como sistema de actuación o de compensación.

O ámbito obxecto de ordenación sitúase no encontro das rúas de Volta do Castro, Escurridía e Ponte da Rocha, lindeiro coa edificación existente no número 81 da rúa de Volta do Castro.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Edicto

De conformidade co previsto no artigo 121.1º da Lei do solo de Galicia, este anuncio serviralles de citación, en forma legal, ós propietarios que non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública por descoñecerse a súa identidade ou o seu paradoiro. Para este fin insírese a seguir a relación de propietarios afectados:

A unidade delimitada componse de catro parcelas catastrais identificadas cos números 04, 05, 06 e 07 do polígono 54585.

Parc.Propietario segundo catastroPropietario segundo proxectoSup. (m)

04Saladina Núñez PereiroJesús Fernández Domínguez245,90

05José Penas PeónManuel Lorenzo Fernández599,70

06Manuel Lorenzo FernándezJosefa Elisa Penas Seijo475,70

07Andrés Ruanova FragaAndrés Ruanova Fraga1.560,70

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2001.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde