Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Cariño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº expedientes: 27.12, 30.13, 31.14, 32.15/2001.

2. Obxecto dos contratos e orzamentos de licitación:

a) Descrición do obxecto: a execución das seguintes obras:

1. Acceso ó núcleo do Campo do Monte (A Pedra): 9.676.282 pesetas.

2. Pavimentación rúa Regueiro Seco 1ª fase: 7.290.359 pesetas.

3. Pavimentación travesía Fontevella: 4.408.383 pesetas.

4. Pavimentación rúa da Laguna 1ª fase: 4.507.138 pesetas.

b) Lugar de execución: concello de Cariño.

c) Prazo de execución (meses): catro/tres/tres/tres.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Concurso, con procedemento aberto, tramitación urxente.

4. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Cariño, praza da Pulida, s/n, 15360 Cariño.

Teléfono: 40 50 64. Fax: 40 50 29.

6. Clasificación do contratista:

Non se esixe.

7. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia das 9 ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación requirida presentarase tal como se indica no punto nº 12 do prego de cláusulas administrativas particulares que terán que rexe-la contratación por concurso, con procedemento aberto, das obras incluídas en plans provinciais (BOP nº 78, do 4-4-2001).

c) Lugar de presentación: Concello de Cariño (rexistro xeral), praza da Pulida, s/n, 15360 Cariño.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións (artigo 89 do TR da LCAP).

9. Apertura das ofertas:

a) Data: ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

10. Gastos dos anuncios:

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Cariño, 31 de maio de 2001.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde