Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, na sesión do 3 de maio de 2001, acordou a contratación, mediante concurso con procedemento aberto, polo trámite de urxencia, con mellora sobre proposta de prestación aprobada por esta corporación, das obras que se sinalarán, expoñéndose ó público o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na contratación referida, podendo ser obxecto de exame e reclamacións neste concello durante o prazo de oito días hábiles desde o seguinte ó da publicación deste

edicto no BOP, para o contrato coas características que se sinalan a seguir:

Cadro de características do contrato:

1. Proxecto: rexeneración de firme, rúa Manuel Murguía, tramo rúa Castelao e tramo Curros Enríquez, en Burela.

2. Tipo de licitación: 6.240.000 pesetas.

3. Prazo de execución: 3 meses.

4. Clasificación do contratista: non se esixe.

5. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral do Concello de Burela (Pardo Bazán, nº 6, en Burela).

6. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais.

7. Fianza provisional: 124.800 pesetas.

8. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: fondos propios, MAP e deputación provincial.

10. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Burela, 24 de maio de 2001.

Manuel Mon Rouco

Alcalde

Mª Elisa Mogo Miranda

Secretaria interina

ANEXO I

Modelo de proposición

Don/dona..., con enderezo na rúa nº..., DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa), nº..., expedido..., actuando en nome propio (ou en representación de... con NIF nº... como acredita por...), comprometéndose a realiza-las obras do proxecto técnico de «...» no prezo de... (letra e número), IVE incluído, no prazo de... (en letra e número) meses, conforme o proxecto técnico e prego de cláusulas económico-administrativas particulares, que acepta íntegra e incondicionalmente, sen ningunha salvidade, e comprometéndose á realización de unidades de obra adicional para determinar pola Administración, por importe total de... (en letra e número) pesetas, valorados os prezos unitarios figurados no proxecto, é dicir, a prezos de execución material.

En... o... de... de 2001.

O/a licitador/a (asinado e rubricado)

Modelo de sobre:

Proposición para tomar parte na contratación das obras de:... presentado por...

En... o... de... de 2001.

O/a licitador/a (asinado e rubricado)