Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

S.A. DE XESTIÓN DO PLAN XACOBEO

ANUNCIO polo que se convoca proceso selectivo para a provisión de catro prazas de persoal laboral fixo na S. A. de Xestión do Plan Xacobeo.

En cumprimento do disposto na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas

nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de persoal e contratación, e logo de informe conxunto das consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública, anúnciase convocatoria do proceso selectivo para cubri-los postos de traballo que a continuación se relacionan:

Nº postos Categoría

1Xefe almacén

1Administrativo-xefe 1ª

1Ordenanza-conductor

1Administrativo-oficial 2ª

A modalidade de contratación deste persoal será a de laboral fixo.

Os candidatos terán que achegar á solicitude, que se presentará no domicilio social da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, sito en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, todos aqueles documentos que acrediten os méritos que aleguen no seu currículo. O prazo para a presentación de solicitudes, conforme o modelo depositado na sede da sociedade e demais documentación será dun mes a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia deste anuncio.

A selección dos candidatos consistirá na aplicación dun baremo, que será facilitado a quen o solicite no mesmo enderezo antes citado.

Manuel Villar Rosende

Director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo