Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2001 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia para a actualización e ampliación dos modelos para reproduci-lo comportamento global do sistema socioeconómico de Galicia.

De acordo co previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación definitiva dun contrato de consultoría:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico-Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 640.01/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto do contrato: actualización e ampliación dos modelos para reproduci-lo comportamento global do sistema socioeconómico de Galicia.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 50, do 12 de marzo de 2001.

3. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Forma: concurso público.

c) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: 30.000.000 de pesetas (180.303,63 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 16 de abril de 2001.

b) Empresa adxudicataria: Predicciones macroeconómicas, S.L.

c) Importe: 29.875.000 pesetas (179.552,36 euros).

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2001.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística