Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 2 de maio de 2001, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00463-O-2001 e seis máis).

Pola presente cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos domicilios coñecidos que

se sinalan no anexo, as notificacións sancionadoras, dictadas polo xefe do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren alegacións perante o Servicio Provincial de Transportes, no prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

E para que conste e sirva de notificación ós denunciados de domicilios descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificado pola

Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12), expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 2 de maio de 2001.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

XC-00463-O-2001

C-7234-AS

G.C. Tráfico

Mª Ángeles Fornos Varela

San Salvador, 8-1º D

15500 Fene

A Coruña

Circular transportando productos de alimentación (doces e Donuts) desde Laraxe a Neda, carecendo de tarxeta de transporte.

9-12-2000; 7.55; N-651; 29,500

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/199025.000 ptas.
XC-00570-O-2001

C-1832-CJ

G.C. Tráfico

Cándido Manuel Lorente Cendrero

E. González López, 20-1º D

15011 A Coruña

Realizar transporte privado de mercadorías carecendo da tarxeta de transporte.

8-1-2001; 16.39; N-651; 7,500

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/199025.000 ptas.
XC-00599-O-2001

C-9276-AZ

G.C. Tráfico

Electro Toyma, S.L.

Dean Grande Xaras, s/n

15960 Ribeira

A Coruña

Transporta-lo turismo marca Opel matrícula 2671-BCH desde Ribeira a Santiago de Compostela carecendo da tarxeta de transporte.

4-1-2001; 12.05; VRG.11; 11

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/199050.000 ptas.
XC-00701-O-2001

C-4440-CF

G.C. Tráfico

Gasóleos As Mariñas, S.L.

Juan de la Cierva-pol. A Grela, 34

15008 A Coruña

Circular un camión cisterna efectuando reparto de gasóleo tipo C (de calefacción) 1202 clase 3-31º C ADR. Transportando 690 l deste material, amparado nun certificado de aprobación do vehículo (nº 12056 da cisterna 763), que non garante o seu estado axeitado, ó ter este a súa validez caducada en data 23-9-2000.

28-12-2000; 13; N-VI; 582

Artigo 33.14º do R.D. 2115/1998Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/1990250.000 ptas.
XC-00727-O-2001

C-5057-AL

G.C. Tráfico

Amalia Iglesias Gómez

Alto de Piñeiros, 5

15515 Neda

A Coruña

Circular transportando roupa desde Ferrol a Neda carecendo de tarxeta de transporte, mostra distintivos de servicio privado ámbito nacional.

24-1-2001; 12.50; AC-115; 617

O.M. do 25 de outubro de 1990 (BOE do 30), artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/1990. Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/1990.75.000 ptas.
XC-00793-O-2001

C-0952-BX

G.C. Tráfico

Prod. Alimenticios Don Comer, S.L.

Castelao, s/n

15117 Laxe

A Coruña

Circular cun camión frigorífico transportando productos alimenticios de Sta. Comba a Serra de Outes, non acreditando o conductor relación laboral co titular da autorización.

25-1-2001; 16.05; C-550; 7,800

Artigo 102.3º da Lei 16/1987 e artigo 157 do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/199050.000 ptas.
XC-00810-O-2001

C-7609-CC

G.C. Tráfico

Samuel F. Vidal Rebollido

Avda. da Constitución, 5-2º B

15930 Boiro

A Coruña

Non ter realizado ningún dos dous conductores do vehículo un descanso ininterrompido de polo menos oito horas (a camión parado), dentro das trinta horas seguintes ó comezo da xornada laboral despois dun descanso ben realizado. Descanso máximo cinco horas e corenta e cinco minutos. Xornada laboral entre as 10.05 h día 19 e as 16.05 h do día 20 do actual. Xúntanse discos dos conductores. Vehículo baleiro.

21-1-2001; 10.50; C-550; 1,800

R(CE) 3820/1985Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/1990230.000 ptas.