Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.535

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se emenda a do 9 de marzo de 2001 que acorda a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para o persoal laboral ó servicio do Concello de Pontedeume.

Advertido un erro no texto da resolución da Delegación Provincial da Coruña do 9 de marzo de 2001 pola que se dispón o depósito e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo para o persoal laboral ó servicio do Concello de Pontedeume, publicada no DOG nº 79, do martes, 24 de abril de 2001, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 5.395, no primeiro parágrafo da devandita resolución, onde di: «código convenio nº 1503842», debe dicir: «código convenio nº 1502922».

A Coruña, 14 de maio de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña