Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.522

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de maio de 2001 pola que se autoriza á Escola Familiar Agraria A Cancela das Neves (Pontevedra), para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular da Escola Familiar Agraria A Cancela das Neves, Pontevedra, solicitando autorización para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de Administración e finanzas.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de outubro), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real Decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro de 2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorre no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la Escola Familiar Agraria A Cancela das Neves (Pontevedra) para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas, segundo os datos que se especifican no anexo.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revi

sión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: As Neves.

Localidade: As Neves.

Enderezo: Tortoreos, s/n.

Código do centro: 36005671.

Denominación: Escola Familiar Agraria A Cancela.

Titular: Federación de Escuelas Familiares Agrarias.

Composición resultante:

Familia profesional: Administración.-1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade para 20 postos escolares).

-1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).

Familia profesional: industrias alimentarias.-1 ciclo formativo de grao medio de panificación e repostería (1 unidade para 30 postos escolares).

Formación profesional de segundo grao:-31 curso de FP2 da rama agraria, especialidade: goberno e administración de empresas comunitarias (1 unidade).