Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 06 de xuño de 2001 Páx. 7.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se notifican as resolucións dictadas en procedemento de reposición da legalidade urbanística, devoltas polo servicio de correos por resultaren os destinatarios ausentes na repartición.

Por medio desta cédula notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, a resolución da Dirección Xeral de Urbanismo, recaída no expediente de reposición da legalidade urbanística que se indica no anexo, pola que se declaran ilegalizables as obras obxecto do expediente citado pola súa incompatibilidade co ordenamento urbanístico vixente e se ordena a súa demolición á custa do interesado e a restitución dos bens e terreos afectados ó estado anterior á execución das actuacións obxecto deste expediente, no prazo máximo de dous meses contados do día seguinte ó da publicación desta resolución, e se advirte ó interesado que, no caso de incumprimento da orde de demolición no prazo que se acaba de indicar, procederase á execución subsidiaria dela ou á súa execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas, reiterables ata logra-la execución polo suxeito obrigado, en contía de 50.000 a 500.000

pesetas cada unha, sendo estas multas compatibles coa sanción que, se é o caso, poida interpoñerse no procedemento sancionador que tramite a comisión da infracción urbanística.

Fáiselle saber que a dita resolución non esgota a vía administrativa e pode interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2001.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo

ANEXO

Expediente: 107 A-00/37.

Denunciado: César Conde Estévez.

Condición: promotor das obras.

Último enderezo coñecido: travesía de Arteixo, 254-ptal. 3-3º esq.

Feitos: obras de cerramento perimetral de terreo, a base de valado de formigón de 1 metro de altura e tea metálica de 0,80 m, instalacións de dúas casetas prefabricadas no interior do terreo, explanación de terreos en socalcos con muras de bloque para contención e soleiras de formigón carecendo de licencia urbanística municipal.

Lugar: terreo de Antas Grande, no lugar de Portiño de Suevos.

Concello: Arteixo.

Precepto aplicable: art. 180 en relación co 175 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, 54 do Regulamento de disciplina urbanística (Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro).