Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de información pública.

Por decreto da alcaldía do 24 de maio de 2001, aprobáronse inicialmente o proxecto de compensación e o proxecto de urbanización presentados por Promociones Coruñesas Sigo XXI, S.L., redactados por Portela Varela Puente Arquitectos, S.L., relativos á unidade de execución sita en Ameixeiral-Mondego.

De conformidade co disposto nos artigos 44.3º e 133.8º da Lei do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, contado a partir da última publicación no DOG ou no xornal El Ideal Gallego.

Sada, 24 de maio de 2001.

O alcalde

Rubricado