Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIOTORTO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 9 de maio, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras de accesos en Ferreira Vella.

Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presenta-las reclamacións contra eles, contados desde a inserción deste anuncio no BOP.

Ó mesmo tempo, o concello anuncia a licitación do citado contrato de obras, a cal quedará aprazada se houbese reclamacións contra os pregos ata a súa resolución:

Obxecto do contrato: accesos en Ferreira Vella.

Lugar de execución: Concello de Riotorto.

Prazo de execución: 4 meses.

Orzamento de licitación: 4.220.000 pesetas, IVE incluído.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

Garantías: provisional 2% tipo. Definitiva 4% do contrato.

Información: o modelo de proposicións e o prego de claúsulas administrativas facilitaranse no Concello de Riotorto (Lugo).

Presentación de proposicións: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Lugo ou no DOG.

Riotorto, 23 de maio de 2001.

José López Cabodevila

Alcalde