Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO.

No BOP de Ourense número 118 e 121, con data do 25 e 29 de maio de 2001, aparecen publicadas integramente as bases da convocatoria para a provisión en propiedade, dunha praza de técnico de Administración xeral, vacante no cadro de persoal de funcionarios deste concello, polo sistema de concurso-oposición libre.

Presentación de instancias: dirixidas ó alcalde-presidente do Concello de Ribadavia (Ourense), no rexistro xeral deste concello ou na forma prevista no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza publicado este anuncio no BOE.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios do concello.

Ribadavia, 30 de maio de 2001.

José Pérez iglesias

Alcalde