Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (274/2001).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 22 de marzo do ano 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente por instancia de Ángel Freire Rodríguez, en representación da Red Nacional de Ferrocarriles Españoles (Renfe) os estatutos de bases de actuación para a xunta de compensación que se vai constituír para a xestión urbanística da zona 13 do SU-32 do PXOU de Ourense, logo de incorporación ó expediente da relación dos propietarios afectados incluíndo os que puidesen xurdir como consecuencia do recoñecemento do dereito de reversión dalgúns terreos, debendo incorporarse ó expediente, durante o período de información pública. Os documentos que acrediten a constitución da comisión xestora do dito ámbito e a representación que dela desempeñe o solicitante.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 26 de marzo de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde