Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.459

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de maio de 2001 pola que se convoca concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas de niveis non universitarios, para cubrir prazas de asesores técnicos na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por funcionarios públicos docentes que impartan ensinanzas de niveis non universitarios, dispón no seu artigo 4º que no anexo de persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderán figurar prazas de asesores técnicos, que deberán ser provistas por concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que impartan ensinanzas de niveis non universitarios.

Sendo necesaria a provisión das devanditas prazas de asesores técnicos para presta-los seus servicios nos diferentes departamentos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e tendo en conta que a disposición derradeira primeira do decreto mencionado autoriza o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a dicta-las disposicións que sexan precisas para a aplicación do disposto no referido Decreto 244/1999.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Convocar concurso público de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que impartan ensinanzas de niveis non universitarios.

Segundo.-As prazas que se ofertan neste concurso de méritos figuran no anexo I desta orde.

Terceiro.-Poderán participar nesta convocatoria os funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas de niveis non universitarios con destino actual no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que conten, polo menos, con tres anos de servicios como docentes en centros públicos, estean en posesión do curso de perfeccionamento de lingua galega ou da súa validación e xustifiquen documentalmente reuni-los requisitos sinalados para cada praza.

Cuarto.-O prazo para a presentación de instancias para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, será de vinte días naturais desde a publicación desta orde e poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas delegacións provinciais ou ben na forma prevista no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No suposto de optar pola presentación da solicitude e demais documentación ante unha oficina de correos, farase en sobre aberto para que a instancia sexa selada e datada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias e demais documentación, non se admitirá ningunha modificación nas peticións formuladas. Non obstante o anterior, admitirase renuncia á participación no concurso de méritos específico dentro do prazo establecido para as reclamacións sinaladas no punto sétimo, entendendo que tal renuncia afecta a tódalas peticións formuladas.

Quinto.-Aínda que se concurse a máis dunha praza os concursantes presentarán unha única instancia por duplicado e unha folla de alegación e autobaremación, axustadas ós modelos que se publican como anexos III e IV e simultaneamente presentarán, para a demostración dos méritos, os documentos que se indican no baremo que aparece como anexo II.

Os concursantes presentarán ademais:

Proxecto de traballo sobre as liñas básicas de actuación para o desenvolvemento das funcións inherentes ó posto de asesor que se solicita, tendo en conta as competencias sinaladas no Decreto 213/1998, do 10 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, cunha extensión máxima de 20 folios.

Tódalas fotocopias que se remitan deberán ir acompañadas das dilixencias de compulsa, expedidas polos directores dos centros ou das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Non se admitirá ningunha fotocopia que careza de dilixencia de compulsa.

Sexto.-A selección dos aspirantes será realizada por unha comisión que presidirá o secretario xeral ou persoa en que delegue, e da que formarán parte:

-4 vocais coa categoría de subdirectores xerais ou xefes de servicio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario, con voz e sen voto.

-Os sindicatos integrantes da mesa sectorial de persoal docente non universitario poderán nomear un representante para asistir ás sesións da comisión.

Sétimo.-Para a valoración dos números 1, 2, 3.1, 3.2, 4.1 do baremo establecido no anexo II, a comisión de selección delega esta función nunha subcomisión formada por funcionarios da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Unha vez feita esta, os resultados serán publicados nos taboleiros de anuncios da consellería e das delegacións provinciais, sinalando a relación de excluídos e a causa da súa exclusión, e establecendo un prazo de dez días naturais desde a súa exposición para presenta-las reclamacións que procedan.

Tódolos aspirantes que obteñan unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto poderán ser convocados pola comisión de selección á celebración dunha entrevista para mellor aprecia-las circuns-

tancias que concorren neles, e que versará sobre o proxecto presentado.

Oitavo.-Os membros da comisión e subcomisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 299/1990, do 24 de maio, estando cualificadas na categoría primeira.

Noveno.-Aqueles aspirantes que non acaden unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto e de 4 puntos na entrevista, no caso de que a houbera, non poderán ser propostos pola comisión, sendo seleccionados aqueles aspirantes que obtendo as puntuacións mínimas sinaladas acaden as maiores puntuacións no total dos epígrafes recollidos no baremo establecido no anexo II, para a praza que solicitan.

Décimo.-No caso de producirse empates no total das puntuacións outorgadas, estes resolveranse, atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nos números 6, 1, 3.3, 4.2, 3.1, 3.2, 4.1 e 2.

Décimo primeiro.-Unha vez realizado todo o proceso anterior, a comisión de selección proporá ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a adxudicación de postos, que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, e pola que se entenderán notificados, para tódolos efectos, os concursantes ós que lles afecte.

Décimo segundo.-O prazo máximo para notifica-la resolución deste procedemento será de seis meses contados desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, tendo efectos desestimatorios a falta de resolución expresa nese período.

Décimo terceiro.-As prazas adxudicadas son con carácter definitivo, polo que os seleccionados deberán incorporarse ás prazas obtidas, con data do 1 de setembro do ano 2001, cesando no seu destino de procedencia o 31 de agosto do mesmo ano. No caso de supresión futura da praza, terán dereito preferente a outra praza na localidade ou zona de procedencia ou na do posto que se suprime, segundo opción do interesado.

Décimo cuarto.-Esta disposición entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Nº do

posto

Denominación da

praza de asesor

Nº de

prazas

RequisitoDestinoFuncións

1Asesor técnico en materia de formación e educación de adultos.1-Experiencia en formación de persoas adultas.Dirección Xeral

de Ordenación

Educativa e F.P.

-Coordinación nas diferentes actuacións en materia de formación de adultos, nas modalidades presencial e a distancia.

2Asesorías técnicas para estudio e difusión de:

1) Recuperación literaria.

2) Didáctica de lingua galega.

21) Licenciatura en filoloxía e especialización na área de coñecemento respectiva.

2) Licenciado en filoloxía galega. Experiencia en formación de didáctica lingüística.

Dirección Xeral de Política Lingüística.-Asesoramento dentro do establecido no Decreto 25/1993, do 11 de febreiro polo que se crea o centro Ramón Piñeiro.

3Asesor técnico en materia de promoción da lingua galega no exterior.1Licenciatura en filoloxía inglesa. Dominio falado e escrito de inglés e galego.Dirección Xeral de Política Lingüística.Coordina-las diferentes actuacións que se realicen no campo da actualización didáctica e promoción da lingua galega.

4Asesor técnico na elaboración de recursos educativos.1-Amplo coñecemento na tecnoloxía utilizada na elaboración de recursos educativos e experiencia no seu emprego.-Experiencia na elaboración de currículos e de materiais para o desenvolvemento curricular.-Experiencia na coordinación de accións de formación sobre o uso de ferramentas empregadas para elaborar recursos educativos e na realización de actividades de difusión de programas educativos.Dirección Xeral

de Ordenación

Educativa e F.P.

-Deseña-las metodoloxías de elaboración de deseños curriculares e de recursos didácticos e coordina-la elaboración dos materiais resultantes.-Coordina-las diferentes actuacións que se realicen en materia de recursos educativos e de ferramentas para a súa elaboración, e participar no deseño da formación para os seus usuarios.-Coordina-lo deseño de contidos educativos e elabora-los modelos e prototipos que se requiran para a súa realización.-Apoiar, cos recursos tecnolóxicos que en cada caso sexan precisos, a realización das accións de divulgación dos programas educativos e das diferentes ensinanzas.

5Asesores técnicos para museística pedagóxica para as tarefas:

1) Catalogación e conservación.

2) Documentación e recursos.

21) Mestre especialista en ciencias sociais e licenciado en historia.-Especialidade arquivística e biblioteconomía.-Especialista en lingua galega.-Acreditación en xestión directiva.

2) Mestre especialista en ciencias sociais.

Experiencia na aplicación dos medios audiovisuais dentro do sistema educativo non universitario.

Secretaría xeral.-Traballos realizados ó abeiro do Decreto 268/2000, polo que se crea o Museo Pedagóxico de Galicia.

ANEXO II

ConceptosPuntuaciónTotal puntos máximoDocumentos xustificativos

1. Antigüidade:

Por cada ano de servicios efectivos prestados na situación de servicio activo como funcionario de carreira dun corpo docente

0,50 puntos3 puntos

2. Méritos académicos:

2.1. Polo título de doutor

2.2. Titulacións de segundo ciclo: por cada licenciatura, enxeñería, arquitectura ou títulos declarados legalmente equivalentes

2.3. Titulacións de primeiro ciclo: pola segunda diplomatura ou os 3 primeiros cursos dunha licenciatura

1 punto

0,5 puntos

0,25 puntos

2 puntosCopia compulsada das titulacións alegadas.

3. Formación e perfeccionamento:

3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións precitadas, así como os organizados polas universidades (0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados).

3.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa, incluída a impartición de cursos

3.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas co posto de asesor ó que se pretende acceder

Ata 2 puntos

Ata 1 punto

Ata 3 puntos

6 puntosCopia compulsada da documentación alegada.

4. Publicacións, proxectos, innovacións técnicas:

4.1. Por publicacións de carácter didáctico ou científico, proxectos e innovacións técnicas, de carácter xeral

4.2. Por publicacións de carácter didáctico ou científico, proxectos e innovacións técnicas, relacionadas coa praza que se solicita

(Deberán conte-lo ISBN, agás as excepcións recollidas na lexislación vixente).

Ata 1 punto

Ata 2 puntos

3 puntosDocumentación orixinal.

5. Por cada ano de servicio en postos da Administración educativa relacionados coas funcións do posto de asesor que solicita0,20 puntos2 puntosCertificación de servicios ou nomeamento.

6. Proxecto de traballo:

O proxecto de traballo, ademais dos aspectos xerais do sistema educativo e dos sinalados no punto quinto desta orde, deberán conte-los obxectivos, planificación xeral, actividades, xustificación e definición á que corresponde a praza que se solicita

(puntuación mínima esixida por este apartado: 4 puntos).

Ata 6 puntosAta 6 puntosOrixinal, cunha extensión máxima de 20 folios.

7. Entrevista sobre o proxecto presentado.

(Puntuación mínima esixida por este epígrafe: 4 puntos).

Ata 6 puntosAta 6 puntos

ConceptoPuntuacións

parciais

Total

1. Antigüidade.

(Máximo 3 puntos).

Por cada ano de funcionario de carreira no corpo docente

0,50

2. Méritos académicos.

(Máximo 2 puntos).

2.1 Polo título de doutor

1

2.2. Titulacións segundo ciclo0,5

2.3. Titulacións primeiro ciclo0,25

3. Formación e perfeccionamento.

(Máximo 6 puntos).

3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas...(0,10 puntos por c/10 horas)

Ata 2 puntos

3.2. Por outras actividades de formaciónAta 1 punto

3.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas co posto de asesor ó que se pretende accederAta 3 puntos

4. Publicacións, proxectos, innovacións técnicas.

(Máximo 3 puntos).

4.1. Por publicación de carácter didáctico, de carácter xeral

Ata 1 punto

4.2. Por publicacións de carácter didáctico relacionadas coa praza que solicitaAta 2 puntos

5. Servicios como asesor.

(Máximo 2 puntos).

Por cada ano de servicio en postos da Administración educativa relacionadas coas funcións do posto de asesor que solicita

0,20