Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.452

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 28 de maio de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se elevan a definitivas as propostas de aspirantes que superaron a fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso nos corpos superior (grupo A), de xestión (grupo B) e administrativo da Xunta de Galicia (grupo C).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 105, do 31 de maio, cómpre face-la seguinte rectificación:

Na páxina 7.257, baixo o epígrafe corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), acceso libre, en «Vázquez Vila, Javier», nas columnas correspondentes ó «Ex. 4» e «Nota final» onde di: «6.000» e «31,580», debe dicir: «6,500» e «32,080», polo que varía a súa posición na táboa, pasando a situarse diante de «Pais López, Ana».